HomePontevedraPoioO programa "Cóllelle o Gusto" de benestar social e mocidade ofrece clases...

O programa “Cóllelle o Gusto” de benestar social e mocidade ofrece clases de cestería, tapices e elaboración de calzado para bebes

- Anuncio -spot_img

• Estas actividades terán lugar o 28 de outubro, o 18 de novembro e o 2 de decembro, respectivamente, entre as 17.00 e as 21.00 horas na Casa Rosada

O taller de iniciación á cestería dará saída neste mes de outubro a unha nova edición do programa Cóllelle o gusto, impulsado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade. A edil responsable do departamento, Rosa Fernández (PSdeG-PSOE), lembra que a través desta programación se impulsan diferentes ciclos de manualidades. As inscricións pódense realizar na Casa Rosada. A primeira destas citas abordaranse técnicas habituais do oficio de cesteira. A actividade levarase a cabo o vindeiro venres 28, entre as 17.00 e as 21.00 horas, cunha tarifa de 15 euros.

Xa no mes de novembro, concretamente o venres 18 e tamén de 17.00 a 21.00 horas, impartirase o taller de tapices, co uso de fíos, las, fibras e complementos, nunha actividade pensada para todas as idades e da que se poderá gozar en familia. A contía será a mesma que no caso da cestería. En ambos casos, o desembolso inclúe a dotación de materiais para as persoas participantes. Por último, o venres 2 de decembro, no mesmo horario, será o obradoiro de ‘Babyshoes’, consistente na elaboración de zapatillas para bebés. Esta iniciativa será gratuíta.

Por outra banda, Rosa Fernández salienta a gran acollida que tivo a xornada ‘Lévate ben coa túa máquina de coser’, unha iniciativa gratuíta que tivo lugar na Casa Rosada o pasado venres, a través da cal se achegaban consellos e fórmulas para sacarlle partido a este tipo de máquinas e que tamén serviu como prólogo do curso de corte e confección que a Concellería de Benestar Social inclúe este ano na súa programación de actividades.

Este obradoiro será os luns e mércores, entre as 17.00 e as 21.00 horas, en dous grupos diferentes.

Publicacións Relacionadas