O Concello de Marín e o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín valoran moi positivamente os resultados da campaña de Bonos 20€/30€, unha iniciativa cofinanciada tamén pola Xunta de Galicia que buscaba incentivar o consumo no comercio local durante un mes. A campaña, xa finalizada, esgotou case a metade dos bonos dispoñibles e mobilizou centos de operacións de compra no tecido comercial da vila.
Resultados principais da campaña
o Bonos descargados: 278
o Bonos canxeados na súa totalidade: 235*
o Importe mobilizado en vendas: 16.131,17€
o Retorno da campaña: 6,86€ por cada euro investido.
*Ao saldo pendente de canxear, decidiuse que se lle aplicará o disposto nas bases do club de fidelización, polo que terá validez durante 360 días.
Estes datos reflicten unha participación moi significativa, especialmente tendo en conta que era obrigatorio contar cunha tarxeta activa do club de fidelización “Comercio de Marín” para poder acceder aos bonos e que a operativa, era totalmente dixital. Impacto no comercio local
A campaña contribuíu a:
o Incrementar o fluxo de clientes nos establecementos adheridos.
o Fidelizar consumidores, ao esixir a pertenza ao club de fidelización.
o Dinamizar as vendas nun período tradicionalmente máis feble para o comercio local.
o Visibilizar a oferta comercial de Marín, reforzando a importancia de mercar no comercio de proximidade.
O modelo de bono directo, que se carga na tarxeta de fidelización tras verificar o pago, facilitou unha experiencia áxil e segura tanto para clientes como para comerciantes.
Valoración institucional
O Concello de Marín e o CCA Estrela de Marín destacan que:
o A campaña cumpriu o seu obxectivo principal: incentivar o consumo local mediante un incentivo económico directo.
o A colaboración entre administracións e o centro comercial aberto, demostra ser unha ferramenta eficaz para apoiar o comercio local.
o O nivel de participación confirma que a cidadanía valora e apoia o comercio local, especialmente cando existen iniciativas que facilitan o acceso a descontos reais.
Conclusión
A campaña de Bonos 20€/30€ “Comercio de Marín” péchase cun balance claramente positivo, tanto polo número de bonos adquiridos como polo impacto económico e social xerado. Os resultados avalan a continuidade deste tipo de programas e consolidan a Marín como un referente na promoción do comercio local mediante accións innovadoras e participativas. Hai que ter en conta, que na primeira edición dos bonos activa comercio da Xunta de Galicia, non agotaban tampouco os bonos por completo.
Unha vez analizadas as enquisas recibidas polos comerciantes, destacan a iniciativa e comentan que sería idóneo establecer dous prazos diferenciados para poder descargar os bonos. O primeiro para a xente empadroada na vila, e o segundo (no caso de non esgotarse os bonos) abrir a campaña a calquera persoa interesada na iniciativa.
Os comerciantes, tamén destacaron a opción que se lles facilitou aos clientes máis analóxicos, de aquirir unha tarxeta regalo física polo importe de 30€, como unha boa ferramenta para mitigar a fenda dixital.
Por último, destaca que a totalidade dos comerciantes que respostaron á enquisa, estarían dispostos a participar nunha nova edición dos bonos.



