- Realizaranse ata 5 obradoiros gratuítos de música, zumba, cerámica, ganchillo…
A OMIX do Concello da Guarda organiza xunto as asociacións locais a programación do TARDEO, uns obradoiros de actividades gratuítas.
Os guardeses e guardesas poderán elaborar pezas de ganchillo, boliñas de sementes, pezas de barro…e tamén participar nunha clase de zumba ou nun obradoiro de percusión.
Toda esta oferta de obradoiros busca dar diferentes opcións de ocio na Guarda, con actividades relacionadas co traballo manual, a música e a natureza; e coa posibilidade de descubrir novo “hobbies”. Para a primavera de 2026, a programación do TARDEO é:
- Elabora unha peza de ganchillo: pola Asociación do Traxe Galego, o sábado 11 de abril ás 11:00h. Inscrición: do luns 30 de marzo ao 6 de abril.
- Boliñas de sementes: pola Asociación Foco Europa, o sábado 18 de abril ás 11:00h. Inscrición: do luns 6 ao 13 de abril.
- Embárrate 3.0; pola Asociación Avelaíña, o sábado 16 de maio ás 10:30h. Inscrición: do luns 4 ao 11 de maio.
- Clase de zumba: polo Club de Judo Baixo Miño, o venres 29 de maio ás 18:00h. Inscrición: do luns 18 ao 25 de maio.
- Percusión para sobrevivir ás Festas do Monte: pola Asociación Cultural Xida, o sábado 30 de maio ás 11:00h. Inscrición: do luns 18 ao 25 de maio.
As inscricións e a solicitude de máis información realízanse a través do correo da OMIX, informacion@aguarda.es. Apúntate a desfrutar e probar actividades diferentes na Guarda!



