HomePontevedraPoioO programa Descubre Poio estrea as formacións da súa segunda edición afondando...

O programa Descubre Poio estrea as formacións da súa segunda edición afondando na utilidade e eficacis das redes sociais

- Anuncio -spot_img

• A tenente de alcalde e responsable da área, Silvia Díaz (Avante Poio), participou no primeiro curso organizado para o sector, impartido polo ‘blogger’ Alberto Ribas ‘Alvientooo’

• O vindeiro luns, 27 de febreiro, terá lugar a primeira xuntanza temática de 2023, no Casal de Ferreirós, a partir das 20.00 horas

As formacións impulsadas a través da segunda edición do programa Descubre Poio, promovido pola Concellería de Turismo, xa están en marcha. A pasada semana o Casal de Ferreirós, na parroquia de San Salvador, acolleu unha sesión formativa para profesionais do sector, que se centrou no uso das redes sociais. A cita, na que tomou parte a tenente de alcalde e concelleira delegada da área, Silvia Díaz (Avante Poio), estivo ao cargo de Alberto Ribas, ‘Alvientooo’, un ‘blogger’ especialista en viaxes e creador de contidos veciño de Poio.

Durante a sesión abordáronse cuestións sobre o manexo do Instagram, incidindo en temas como a creación dunha conta, a súa configuración e a xestión de fotografías e imaxes e actualizacións, para acadar un maior rendemento no que a promoción e visibilidade se refire. “Achegáronse pautas moi útiles tanto para profesionais que xa contan cun certo nivel e experiencia no uso das redes sociais como para persoas que precisan dunhas ferramentas máis básicas”, indica Díaz..

A esta primeira formación do ano 2023 seguirá a vindeira semana, concretamente o luns 27, a primeira xuntanza de traballo desta segunda edición do Descubre Poio. Esta terá lugar tamén en Ferreirós e para poder participar na mesma será preciso inscribirse chamando ao 625120475 ou enviando un correo electrónico a ola@descubrepoio.com.

Ademais, tal e como lembra a edil de Turismo, as formacións gratuítas terán continuidade ao longo do mes de marzo, con sesións sobre rendibilidade e custes e novas tecnoloxías.
Toda a información sobre as iniciativas pode consultarse na páxina web www.descubrepoio.com.

A tenente de alcalde entende que este programa é unha ferramenta moi efectiva á hora de dar un valor engadido e enriquecer a experiencia turística de Poio como destino de lecer. Tamén se fai fincapé na importancia de promover actividades e propostas que axuden a consolidar a desestacionalización, de xeito que “Poio resulte un lugar atractivo para escapadas, visitas e vacacións ao longo dos doce meses do ano”.

Publicacións Relacionadas