Home Pontevedra Poio O Programa Ecoinnova Poio achega á veciñanza pautas para un consumo máis...

O Programa Ecoinnova Poio achega á veciñanza pautas para un consumo máis eficiente en vivendas particulares

- Anuncio -

• A primeira charla informativa de 2023 da iniciativa organizada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo centrouse este pasado martes en recomendacións e consellos útiles para reducir os custes do recibo da luz

• O concelleiro socialista Gregorio Agís adianta que a vindeira cita será o mércores 15 de febreiro, no Centro da Reiboa, e versará sobre subvencións e axudas para fotovoltaicas

O Casal de Ferreirós acolleu este martes a que foi a primeira da nova quenda de charlas informativas sobre eficiencia no consumo enerxético, organizadas a través do programa EcoInnova Poio. Trátase dunha iniciativa pioneira no municipio que comezou a sua andaina a finais de 2022 e que está impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís.

Nesta cita, o técnico especializado Diego Padín abordou cuestións vencelladas a acadar un consumo responsable en vivendas particulares, se ben tamén se deu resposta a dúbidas e cuestións máis relacionadas con negocios e establecementos.

Deste xeito, durante a charla fíxose mención a medidas de aforro e pautas de actuación que axudan a reducir os custes do recibo da luz. Entre a información práctica achegada por Padín destacaron cuestións como o feito de que unha neveira ou un conxelador cheo sempre vai consumir menos que se están baleiros. Ademais, constatou que o microondas é un dos electrodomésticos máis eficientes no consumo. A características dos programa ‘Eco’ en lavadoras ou as características que hai que ter en conta á hora de adquirir un novo electrodoméstico foron outros dos asuntos tratados.

O edil de Promoción Económica e Urbanismo valora positivamente este primeiro encontro de 2023 e lembra que o programa terá continuidade nas vindeiras semanas. Así, o mércores 15 terá lugar unha nova charla, esta vez no Centro de Formación da Reiboa, na que se falará de subvencións e achegas relacionados coa fotovoltaica. Ademais, Gregorio Agís que desde o Programa EcoInnova Poio ofrécese asesoramento individualizado a particulares e negocios. Pódese obter máis información chamando ao 625120475 ou enviando un correo electrónico á dirección ola@ecoinnovapoio.gal, así como na páxina web www.ecoinnovapoio.gal. A día de hoxe son preto de 60 as persoas adheridas xa á iniciativa, ás que hai que sumar todas as asistentes ás charlas realizadas desde decembro.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas