Home Pontevedra O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o 43% inseridas no mercado laboral

- Anuncio -

COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Dirixido á inclusión laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade, o programa contou cun 323 participantes durante 2024, acadando unha taxa de inserción laboral do 44%, superando as expectativas iniciais.

O programa, financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, destaca por ofrecer formación especializada e itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. En 2024 impartíronse 35 cursos nos que participaron 402 persoas, cun enfoque claro na capacitación para as demandas do mercado laboral. Por localidades, o número de persoas formadas e inseridas no mercado laboral foi o seguinte:

Pontevedra: 66 formadas, 27 inseridas.

Ourense: 69 formadas, 31 inseridas.

Ferrol: 84 formadas, 25 inseridas.

Vigo: 92 formadas, 35 inseridas.

Lugo: 91 formadas, 24 inseridas.

Limpeza hospitalaria, conserxe-recpeción, xestión de stocks e manexo de carretilla elevadora, acompañante de transporte escolar, manipulación de alimentos, tarefas administrativas e competencias dixitais, atención ao cliente, contabilidade, control de accesos, expendedor de combustible e primeiros auxilios foron algunhas das temáticas dos cursos impartidos a través deste programa.

Compromiso para 2025 e metas futuras

Máis Emprego continuará en 2025 coa previsión de atender a 1.740 persoas ata a súa finalización en setembro de 2029 (decembro de 2027 no caso de Ferrol). O obxectivo é que polo menos o 40% das persoas participantes logren a inserción laboral, dato superado durante este primeiro ano de execución do programa.

Ademais de formación específica, inclúe accións como diagnósticos sociolaborais, orientación laboral, intermediación co tecido empresarial e apoio posterior á inserción. Máis Emprego tamén pon o foco na sensibilización dirixida ao empresariado para superar as barreiras de contratación das persoas con discapacidade.

Participación aberta

As persoas interesadas en formar parte de Máis Emprego poden contactar co servizo de emprego de COGAMI máis próximo. Este proxecto reafirma o compromiso de COGAMI coa igualdade de oportunidades e a inclusión activa, fortalecendo tanto ás persoas como ao tecido empresarial galego.

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas