HomePontevedraO CondadoO programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

- Anuncio -spot_img

A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia aterra no salón de actos do instituto para ofrecer unha charla para nais, pais e persoas coidadoras de adolescentes na que se abordarán temas como a navegación segura na rede e os seus riscos, os deberes das familias segundo a normativa, o acceso das familias aos contidos que manexan os menores e ferramentas para controlar o acceso á rede.

Esta nova sesión será ás 18:30 horas impartida por Ignacio Colino.

Esta xornada de formación para as familias non precisa inscrición previa e ofrécese totalmente de balde.

Publicacións Relacionadas