Home Vigo O Porriño O proxecto divulgativo sobre o percusor do cinema galego, José Gil, chega...

O proxecto divulgativo sobre o percusor do cinema galego, José Gil, chega ao Porriño

- Anuncio -

• A vila do Louro acollerá os próximos 9 e 10 de xuño actividades, presentacións, proxeccións, concertos e encontros arredor da obra e a importancia do auténtico precursor do Cinema Galego, José Gil

O proxecto “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema” chega mañá ao Porriño para achegar á veciñanza e á comunidade educativa o legado do gran precursor do cine galego.
O proxecto, financiado pola Deputación, en colaboración con Vía Láctea Films, Cine na Rúa e Editorial Galaxia, recala na vila do Louro con proxeccións, concertos, encontros e múltiples actividades arredor do cineasta e da súa obra.
José Gil montou no ano 1910 a primeira produtora de cinema da historia de Galicia. Levaba o cine a todos os recunchos de Galicia, un Cinemóbil, que será a peza central coa que este proxecto co que se pretende recuperar a necesaria presenza no ideario colectivo de alguén que loitou toda a súa vida por poñer as bases do cinema moderno. E isto sendo un rapaz dunha aldea remota de Galicia de finais de século XIX, que a pesar diso chegou a ser un grande fotógrafo, director, operador de cámara, realizador, produtor e exhibidor de cine.
Gran vinculación co Porriño
O pai de José Gil, o garda civil Domingo Gil, estivera destinado na casa cuartel do Porriño a comezos de 1873, cando o futuro cineasta só tiña tres anos. O Porriño era un lugar de paso na visitas co seu Ford e as estadías na aldea natal, Rubiós (As Neves). Ao longo dos anos impresionou algunhas películas no Porriño como Campamento de tropas nas gándaras de Budiño que aparecían en Pontevedra y sus paisajes (Actualidades de Pontevedra) en 1924. O médico municipal do Porriño, Aquilino Álvarez Argüelles, era un grande amigo da familia, chegando a presidir o enterro da súa filla Rosa Gil en 1922 e asistindo aos funerais de María e Josefa.
No entanto, en agosto de 1925, a “Unión de Sociedades do Distrito de Porriño” de Bos Aires produciron un documental de 1.000 metros, Porriño y su distrito, para ser enviado á Arxentina con imaxes das diferentes parroquias do concello. Era unha das encomendas habituais de José Gil por toda Galicia por ser considerado “o cineasta da emigración”. Lamentablemente, nesta ocasión o contrato de produción non recaeu na empresa de Gil, senón na produtora arxentina “América Hispana Films” do emigrado leonés León Artola.
No verán de 1933 percorreu varias localizacións do concello filmando panorámicas do Porriño e as súas industrias e patrocinado pola empresa local, a fábrica de cerámica e ladrillos “Mas”. Esta fita integrábase no derradeiro Noticiario de Galicia (nº 11), sendo estreado no Teatro Diz o 22 de marzo de 1934.
Entre 1928 e 1933 -até a chegada do cinema sonoro- exhibíronse habitualmente documentais sobre Vigo e os Noticiarios de Galicia producidos por Galicia Cinegráfica no “Salón Diz”, propiedade de Servando Diz Rey.

PROGRAMACIÓN VENRES 9 DE XUÑO

• Proxección para centros de ensino e visitas Cinemóbil Nº3
Pola mañá • Círculo Recreativo Cultural • Actividade concertada cos centros educativos do Porriño
• Proxeccións de balde para público xeral
Dende as 20:00 h • Círculo Recreativo Cultural • Entrada libre e de balde ata completar prazas

PROGRAMACIÓN SÁBADO 10 DE XUÑO

• Visitas Cinemóbil Nº3 e presentación do libro “Nos días encantados de agosto” (Manolo González, Ed. Galaxia. Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio). Dende ás 10:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios
• Sesión vermú: “As músicas de José Gil”. Concerto homenaxe a José Gil da Banda de Música Municipal do Porriño. Ás 13:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios (en caso de choiva, trasladaranse as actividades ao Círculo Recreativo Cultural)

Relacionadas

O Concello de Redondela selecciona tres técnicos para obras públicas, xestión forestal e administración

0
Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de...

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a...

0
Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

Publicacións Relacionadas