O proxecto VIDOC empeza en Baiona a xestión da documentación do D.N.I. e pasaporte con entrega inmediata

adminON
Lectura mínima de 1

Esta mañá comezou a primeira visita do vehículo especial para a realización de documentación VIDOC en Baiona, e as primeiras citas están a executarse en cálea Arquitecto Jesús Valverde, xusto en fronte da oficina de Turismo.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña deulles a benvida acompañando ao Comisario #Luis Hombreiro Noriega, xefe de coordinación operativa da comisaria de Vigo-Redondela.

Durante esta xornada atenderanse as 25 citas iniciais xa recollidas na oficina policial do Concello e o vindeiro venres, volverán para realizar outras 25, que é o número de citas fixas que se realizarán a partir de agora en cada xornada que nos visiten, normalmente en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Con esta actuación, o Concello de Baiona, cumpre a promesa de levar aos veciños a oportunidade de realizar trámites administrativos de maneira máis áxil, xa que co modelo anterior, levaríalles moito máis tempo que deberían investir en obtelos.

Comparte este artigo