En relación cos fondos europeos asignados ao centro cívico e ao proxecto da nave de Aceiros do Tea, queremos denunciar, así como informar as veciñas e veciños sobre unha situación que pode ser realmente grave para os intereses xerais do concello.
Centro Cívico
– Os fondos europeos destinados ao centro cívico estaban orixinalmente designados para a recuperación e acondicionar do edificio mercado na praza maior, co obxectivo de ampliar as infraestrutura e servizos comunitarios, xa que as carencias que o concello ten en esta materia son evidentes.
– Recentemente, propuxéronse cambios no uso deste edificio convertendo nunha especia de pensión, aulas da UNED e outras ocorrencias dos grupos do goberno, o que vai afectar negativamente o tecido asociativo da vila.
Proxecto Nave Aceiros do Tea
– Os fondos asignados ao proxecto estaban destinados a fomentar a cultura e a música local, dotando dunha nova infraestrutura cultural o noso concello.
– Dende a chegada da dereita o goberno cambiouse o proxecto e pretenden colocar en estas instalacións o mercado municipal, e nos últimos días anunciase que ditas instalacións van a recibir proximamente unha exposición sobre os dinosauros. En que quedamos, vai ser o mercado ou un equipamento cultural?
Dende o PSdeG de Ponteareas estamos realmente preocupados coas ocorrencias do goberno municipal (PP, ACIP e IdP), xa que a súa única obsesión e rematar con todo o que os gobernos progresistas dos 8 últimos anos fixemos, sen importarlles os altos custes que isto pode ter para as contas municipais.
Non podemos perder de vista que a falta de claridade e transparencia nestes cambios podería ter consecuencias graves, incluída a perda dos fondos europeos destinadas a estas dúas importantes infraestruturas, que baixo un goberno do PSdeG-PSOE pasaron a formar parte do patrimonio municipal.
Ponteareas non pode permitirse, que pola incompetencia e malas prácticas do goberno actual poida perder milleiros de euros que veñen de Europa e que se concederon para proxectos concretos e con requisitos específicos.

