HomePontevedraO CondadoO PSdeG de Ponteareas apoia a declaración BIC do Corpus, e espera...

O PSdeG de Ponteareas apoia a declaración BIC do Corpus, e espera que o goberno galego non a utilice con fins electorais

- Anuncio -spot_img

Resulta verdadeiramente curioso que despois de algo máis de 5 anos que levamos dende o goberno progresista de coalición esperando a que a Xunta de Galicia conceda esta declaración, sexa precisamente agora a poucas datas das eleccións municipais e sen anunciar quen será a candidata ou candidato do PP a ditas elección se poña tanto interese na mesma por parte da consellería.

Delfín Domínguez, candidato a alcaldía polo PSdeG, insta a Xunta de Galicia a que declare de unha vez por todas o corpus de Ponteareas Ben de Interese Cultural, e non caía na tentación de instrumentalizar políticamente este merecido recoñecemento.

O corpus na nosa vila transcende as ideoloxías políticas, e incluso as conviccións relixiosas de cada unha das persoas que participan na elaboración de tan fermosos tapices florais, polo tanto sería unha irresponsabilidade maiúscula a súa manipulación.

Publicacións Relacionadas