HomePontevedraO PSdeG de Salceda apostará decididamente pola vivenda protexida e polo novo...

O PSdeG de Salceda apostará decididamente pola vivenda protexida e polo novo Plan Xeral Municipal

- Anuncio -spot_img

O PSdeG-PSOE ten como un dos seus principais obxectivos desenvolver o Plan Xeral de Ordenación Municipal como ferramenta fundamental para planificar o futuro desenvolvemento do concello.

Os traballos realizados da Cartografía e a Planimetría actualizadas que se levaron a cabo dende a concellería de Urbanismo, que dirixe a candidata e actual alcaldesa Verónica Tourón e que foron financiados con 60.500 euros polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, amosan o claro compromiso dos e das socialistas de avanzar definitivamente cara a elaboración do futuro Plan Xeral para Salceda de Caselas.

Coa reparcelación do Polígono II do PERI do Centro de Saúde, tamén executado dende a concellería que dirixe Verónica Tourón xa se deron os primeiros pasos para avanzar nas dotacións dentro da planificación urbanística municipal, asegurando espazos para zonas verdes, instalacións de uso educativo como a Galiña Azul e outras de vital importancia como o Centro de Dia e a reserva de espazos para a construción de vivenda protexida un compromiso fundamental para as socialistas e os socialistas de Salceda.

O Plan Xeral será elaborado coa máxima participación da veciñanza que dunha forma activa e decisiva contribuirá a establecer o mellor Plan para Salceda o que mellor responda ao interese xeral e as principais demandas da cidadanía.

Tourón sinala que os e as socialistas pensamos en Salceda ao grande e a palabra clave para acoller poboación e seguir medrando é a VIVENDA, da que xa hai dispoñibilidade de parcelas no caso de vivenda protexida.

Publicacións Relacionadas