O PSdeG de Salceda lembra de novo á alcaldesa que a única deixadez e falla de responsabilidade consiste en non respectar os acordos plenarios

adminON
Lectura mínima de 2

O grupo municipal socialista condena a actitude da alcaldesa e do seu equipo de goberno de “botar balóns fora” e non asumir as súas responsabilidades como equipo de goberno e optar por botar a culpa do sucedido no pleno de onte a todos os grupos políticos.
Se nos referimos á falla de responsabilidade da que nos acusa a alcaldesa, ante a urxencia dos pagos que se realizarían coa aprobación do REC, lembrarlle que esas facturas entraron no concello xa no mes de marzo do ano pasado e ata o de agora non se lembrou o actual equipo de goberno de aliviar a situación de cobro dos provedores deixando pasar case un ano sen resolver s do concello.

A voceira do grupo municipal socialista Verónica Tourón reiterou a importancia de ter aprobado na súa etapa como alcaldesa, un Plan de Axuste que deixou saldadas todas as débedas cos provedores do concello ata o mes de marzo do ano pasado.

Aclarar igualmente que o pleno extraordinario, se a urxencia era tan extrema se puido convocar as 20:30 horas de onte, non pola maña, amén de lembrarlle á alcaldesa que a semana que ven temos de novo pleno ordinario coas súas comisións informativas xa convocadas, no que se pode incluír a aprobación deste Recoñecemento Extraxudicial de Crédito.

En relación ás alusións realizadas a Verónica Tourón e ao PSdeG-PSOE hai que recordar á alcaldesa que na lexislatura anterior non se chegou a aprobar ningún acordo plenario que obrigase a convocar os plenos extraordinarios en horario de tarde e lembrarlle que á hora de enfrontarse aos gastos, todos eles son do concello, non se pode distinguir os gastos segundo a área de goberno ou concellería ao que pertencen.

“A actitude da actual alcaldes supón non só unha falta de respecto aos concelleiros e concelleiras da corporación municipal, senón tamén unha burla á veciñanza que nos outorgou a representación nas urnas”, Verónica Tourón.

Comparte este artigo