HomePontevedraO SalnésO PSdeG presenta alegacións aos orzamentos autonómicos para que a Xunta asuma...

O PSdeG presenta alegacións aos orzamentos autonómicos para que a Xunta asuma as súas competencias e cumpra con Vilagarcía

- Anuncio -spot_img

Os socialistas presentaron unha batería de propostas en materia de medio ambiente, educación, estradas e transporte.

O secretario xeral, Julio Torrado, reclama aos populares locais que “por unha vez apoien e non cheguen tarde ás reivindicacións de Vilagarcía”

O Partido Socialista presentou unha batería de alegacións aos orzamentos da Xunta de Galicia para incluir inversións en Vilagarcía que suman preto de 2 millóns de euros. Estas articúlanse entorno ás áreas de medio ambiente, coa renaturalización da desembocadura do río do Con, con 50.000€ para a redacción do proxecto; educación, con 300.000€ para a reforma do CEIP A Lomba, Arealonga, Vilaxoán, Rubiáns O Carril; estradas, con 200.000€ para a redacción dos proxectos para as Avenidas Rosalía de Castro, Agustín Romero, Vilanova e Cambados; e en materia de transporte, con 100.000€ para a mellora da actual estación de autobuses e 1,3 millóns para a creación da estación intermodal.

O secretario xeral, Julio Torrado, considera que “é hora de que a Xunta asuma as súas competencias íntegramente e invista en Vilagarcía o que lle corresponde á cidade”, ocasión que aproveitou para lembrar que “todas as inversións en marcha foron froito das reivindicacións e o impulso e participación activa do alcalde Alberto Varela”, como a construción do novo centro de saúde, para o que o goberno adquiriu a parcela e procedeu á demolición do antiguo edificio; a construción de vivenda pública, 16 anos despois das realizadas polo presidente socialista Touriño, e para a que se cedeu unha parcela municipal.

Para Torrado “o PP de Ana Granja xa vai tarde” xa que “sempre puxo e sigue a poñer trabas ao avance da cidade”. Non parece razoable que a Xunta manteña cuberta a desembocadura dun río como O Con, que Vilagarcía conte cunhas estradas de acceso á cidade deficientes ou se teña nun caixón o proxecto da estación intermodal da que a propia Xunta dí contar co proxecto desde fai máis dun ano. Torrado reclamou aos populares locais que “por unha vez, aínda que só sexa por unha vez, apoien as necesidades de Vilagarcía e non cheguen tarde”.

Publicacións Relacionadas