HomePontevedraO PSdeG-PSOE de Redondela leva ao pleno unha moción en defensa da...

O PSdeG-PSOE de Redondela leva ao pleno unha moción en defensa da Sanidade Pública e pola mellora urxente do servizo nos Centros de Saúde de Redondela e Chapela

- Anuncio -spot_img

O grupo municipal socialista de Redondela levará ao pleno ordinario deste mes unha moción para defender a sanidade pública galega “universal, gratuíta, de calidade e baseada na xestión pública dos servizos”.Denuncian que, malia ser un servizo fundamental para a cidadanía, a situación sanitaria en Galicia, e particularmente na Área Sanitaria de Vigo á que pertence Redondela, presenta “un deterioro crecente que preocupa a profesionais, pacientes, concellos e colectivos sociais”. No caso de Redondela, os dous centros de saúde de Redondela e Chapela, levan anos sufrindo falta de profesionais, sobrecarga asistencial e dificultades para cubrir baixas e vacantes. Estes centros comparten médicos e pediatras cos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, “o que reduce aínda máis a capacidade de atención e incrementa a presión asistencial”.

O PAC de Redondela, que atende as urxencias de toda esta área, “soporta unha saturación continuada e disfuncións organizativas que derivan en tempos de espera inaceptables, profesionais esgotados e usuarios desatendidos”.

O PsdG-PSOE pedirá ao resto de grupos da corporación o seu apoio para instar á Xunta “a reforzar de maneira urxente a Atención Primaria nos centros de saúde de Redondela e Chapela, incrementando o número de profesionais médicos, pediátricos, de enfermaría e de persoal administrativo, así como garantindo a cobertura de baixas, vacantes e xubilacións”.

Na moción reclaman tamén á Xunta de Galicia  un incremento do investimento público en sanidade, en especial na Atención Primaria, na mellora das infraestruturas sanitarias e na contratación de profesionais. Reclaman tamén “transparencia total” nos concertos sanitarios cos centros privados, especialmente no caso do Hospital Povisa, “garantindo que estes acordos non supoñan recortes nos servizos públicos”.

Publicacións Relacionadas