O PSdeG-PSOE de Salceda celebrará o vindeiro sábado 22 de outubro as 20:00 horas, un Encontro Socialista con motivo da apertura da nosa nova sede da agrupación, na rúa Rosalía de Castro, nº2.
Contarase coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, do noso Secretario Provincial David Regades, da militancia da nosa agrupación e de moitos compañeiros e compañeiras doutras agrupacións da provincia que gozarán connosco desta celebración.
Este encontro tamén está aberto a toda a veciñanza de Salceda que se queiran achegar ata a nosa sede para compartir connosco un bo rato do seu tempo.
Ana Belén Valiño, nova Secretaria de Organización do PSdeG de Salceda: “Para a nosa agrupación é moi positivo poder contar cun novo local onde poder desenvolver a nosa actividade política e establecer un punto de encontro onde a nosa militancia poida achegarnos as súas inquedanzas e aportacións”
Verónica Tourón, Secretaria Xeral do PSdeG de Salceda de Caselas: “A apertura dunha nova sede sempre é motivo de ledicia, unha ocasión magnifica para xuntarnos e retomar o pulso político, co obxectivo de encarar os retos de futuro, con forza e con ilusión”.



