Home Pontevedra O PSdeG-PSOE de Salceda creará un espazo común para a mocidade coa...

O PSdeG-PSOE de Salceda creará un espazo común para a mocidade coa rehabilitación da antiga Cámara Agraria.

- Anuncio -

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas propón rehabilitar a antiga Cámara Agraria para crear un espazo común para que a mocidade de Salceda de Caselas poida desenvolver diferentes actividades.
A antiga Cámara Agraria converterase na Casa da Xuventude que Salceda necesita, un espazo para que a mocidade poida desenvolver a súa creatividade dunha forma lúdica sempre asociada á practica de hábitos saudables e positivos entre as mozas e mozos.
Para dotar de contidos este novo espazo os socialistas e as socialistas de Salceda propoñen tamén un programa de Dinamización Xuvenil con actividades e celebración de eventos ben definido para que a oferta lúdica para a mocidade sexa variada e constante no tempo.
Dentro deste programa inclúense actividades e eventos para “gamers”, actividades relacionadas coa cinema ou con diferentes formas de expresión artística como a pintura, a escultura, a fotografía ou o deseño gráfico. Tamén haberá espazo para por en marcha un club de lectura plurilingüe.
Verónica Tourón. “A importancia da mocidade como motor de cambio para o noso concello indícanos que debemos propor alternativas de ocio que lles permitan gozar de Salceda sen ten que marchar a outros lugares. Poderán acceder a unha oferta cultural e de ocio que recolla as súas inquedanzas e as novas formas de convivencia creativa e expresión artística que son propias da súa idade”

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas