Home Pontevedra O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para...

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para o seu apoio ós orzamentos

- Anuncio -

Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno  que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para o noso concello. 

O grupo municipal do PSdG-PSOE e a executiva municipal da agrupación socialista de Salceda de Caselas queremos realizar as seguintes consideracións sobre as recentes  declaracións da alcaldesa Dolores Castiñeira na cadea SER o pasado 14 de xaneiro e do  goberno municipal en pleno no Faro de Vigo este pasado venres día 24: 

– O sentir da agrupación e do grupo municipal socialista non é precisamente o  da mellora na relación co grupo de goberno de Movemento Salceda. A nosa  militancia esta preocupada polo imperante desgoberno no que está a caer  Salceda.  

O goberno de Salceda non goberna e dedícase a apuntarse logros do noso  partido na anterior lexislatura, , como a reparcelación do Polígono II do PERI,  xunto ao centro de saúde, levado a cabo pola concelleira de Urbanismo  Verónica Tourón, e mesmo obras de infraestrutura doutras administracións  como a autonómica no caso da ampliación do IES Pedras Rubias. 

– A súa acción de goberno está chea de ocorrencias como a recuperación da  fachada da antiga Praza de Abastos ou a campaña “Salceda Movese” onde se  despilfarran recursos agasallando á cidadanía con obxectos de merchandising  como se a política municipal fose unha feira onde os responsables das redes  sociais do concello se dedican a contar os logros e a vida de persoas de Salceda  en lugar de render contas sobre o seu labor de goberno ante a nosa veciñanza.  E non é que as e os socialistas de Salceda non nos guste que se fale das nosas  xentes marabillosas e se de a coñecer o noso pobo pero non se pode tapar a  falla de xestión e a inacción política do actual goberno municipal enchendo as  redes sociais municipais con contidos case exclusivamente alleos a xestión  municipal que se debe realizar no noso concello para atender ás demandas da  nosa veciñanza.

– Nada sabemos duns orzamentos municipais, que se teñan comunicado aos  membros do noso grupo municipal, nin eles saben, soamente a través dos  xornais, que a súa relación co goberno municipal teña mellorado ata o punto  de aprobar uns orzamentos, dos que non existe nin unha proposta inicial. 

– Uns orzamentos municipais que se teñen solicitado polo noso grupo municipal  dende os inicios da lexislatura porque son a ferramenta fundamental para  vertebrar o goberno dun concello que por desgraza non conta con excesivos  recursos e no que é necesario aplicar as medidas de aforro que se recolleron  no Plan de Axuste asinado pola anterior alcaldesa e secretaria xeral da nosa  agrupación socialista Verónica Tourón. Plan de axuste que tenta desterrar a  utilización dos recoñecementos extraxudiciais de crédito como o único método  para facer fronte á xestión económica no goberno do noso concello. 

– Pedimos respecto para os nosos dous concelleiros, porque o goberno municipal  vai contando aos medios de comunicación unha simulada excelente relación co  noso grupo municipal que non existe, por suposto é cordial, pero isto non  significa que realicemos con firmeza a nosa labor de oposición para controlar  a súa falla de goberno e de acción política. 

– Pedimos respecto para a nosa secretaria xeral, a nosa anterior voceira  municipal e para a nosa anterior alcaldesa Verónica Tourón e para os seus  compañeiros de goberno e de grupo municipal. Todas elas foron persoas que  realizaron unha enorme labor ao fronte do goberno municipal e os seus logros  sabemos quedaron no pobo para a veciñanza. 

Non foi Verónica Tourón un obstáculo, nin un problema para o actual grupo de  goberno, as súas relacións non eran nin malas nin boas, simplemente cordiais,  como voceira exerceu a súa labor de oposición e de control da xestión política  xunto coa súa compañeira Gela Ledo, botarlle a culpa agora sobre a non  aprobación duns inexistentes orzamentos e botar “balóns fora” sobre a  inoperancia para negociar que sempre ten caracterizado a Movemento Salceda. 

– O actual equipo de goberno debe poñerse a traballar. A mediados de este ano  2025 se cumpriran xa dous anos de mandato e a meirande parte das cousas  están se facer e moitas outras foron iniciadas polo noso partido e xa non se  continuaron.

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o cumprimento dos acordos que levaron á  investidura do actual goberno para o seu apoio ós futuros orzamentos de  Salceda. O Grupo Municipal Socialista formado polos concelleiros Xurxo  Gregorio e Saúl Olmo solicitan do grupo de goberno o cumprimento dos  acordos tomados no inicio desta lexislatura. 

O grupo municipal socialista esixe unha política económica máis transparente  así coma a eliminación dos gastos supérfluos coma os de publicidade. O Grupo  Socialista esixe o Grupo de Goberno o cumprimento do acordo de límite  orzamentario de contratación directa a 5.000 euros así como unha información  en materia económica aos partidos que asinaron o acordo de investidura máis  áxil e detallada. 

– A nosa veciñanza non necesita paletas nin balóns de praia que promocionen o  noso concello, necesitamos promocionar á nosa veciñanza e mellorar as súas  vidas e o seu benestar desenvolvendo unha política seria, digna e baseada nos  nosos principios e ideas socialistas.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas