O PSdeG-PSOE e Avante Poio anunciaron este xoves a través dos seus portavoces Gregorio Agís e Silvia Díaz que se presentarán as seguintes eleccións municipais nun proxecto de integración, un proxecto aberto a todos os sectores e a toda veciñanza do noso municipio.
Queremos concorrer con un proxecto potente, integrador, aberto a todas as sensibilidades e capaz de afrontar con eficiencia os retos que se plantean para Poio no futuro inmediato, onde todos nos sintamos representados e coa veciñanza no centro da acción política. Para iso é necesario contar cos mellores perfís e constituír unha lista forte e competente, involucrando a todos os sectores: o tecido económico, cultural, deportivo, comercial, do mar, do turismo… para dar resposta de forma áxil e solvente as necesidades do noso municipio.
O voceiro socialista, Gregorio Agís, xunto á portavoz do grupo de Avante Poio, Silvia Díaz; o responsable local, Julio Casás, e o secretario provincial socialista, David Regades, e representando á coordinadora de Avante Poio Rebeca Quintillán e Susana Portela deron a coñecer os detalles dun proxecto que chega nun momento chave no futuro do concello, no que está por vir un cambio de ciclo, o cal queremos afrontar con todas aquelas persoas preparadas, motivadas e que aposten polo benestar da nosa veciñanza por riba de calquera sigla política.
Gregorio Agís, reafirmándose deste xeito nas declaracións realizadas hai unhas semanas na presentación da candidatura: “Poio é o noso proxecto e a nosa ideoloxía”, recalcou, ao tempo que destacou o carácter aberto co que o PSOE afronta os comicios do vindeiro mes de maio de 2023. “Na lista terán cabida todas aquelas persoas dispostas a traballar e a sumar para continuar consolidando ao municipio como un referente na nosa bisbarra”, sinalou.
Os socialistas expresaron que levan tempo traballando e destacan a facilidade e axilidade das conversas. “Foi sinxelo chegar a un acordo, porque buscamos os mesmos obxectivos”, explicou. Esta boa sintonía xa quedou perfectamente reflexada ao longo de todo o mandato, co impulso de iniciativas e actuacións organizadas desde os departamentos xestionados polos concelleiros socialistas e por Silvia Díaz e fomos capaces de traballar en equipo para desenvolver accións conxuntas exitosas como: o Poio Confia que dou resposta ao tecido empresarial, comercial e turístico do noso municipio no contexto da pandemia, as organización das visitas a Tambo, o Plan de Sostibilidade Turística en Destinos un proxecto que busca acadar fondos europeos para o desenvolvemento turístico no noso municipio. Compartimos a idea de consolidar un proxecto aberto, no que contaremos coa xente comprometida co benestar de Poio.
Pola súa banda, Silvia Díaz dou conta do acordo adoptado na asemblea de Avante Poio na tarde de onte, na que se refrendou a proposta da coordinadora revalidando a Silvia Díaz como representante de Avante Poio e de seguir avanzando no diálogo que nos últimos meses se ven mantendo co grupo socialista de cara a configurar unha fórmula electoral responsable, xenerosa e audaz de cara ás eleccións locais de 2023.
“O presente mandato confirmounos que a capacidade de traballo en equipo de Avante Poio e PSdG tivo resultados do máis positivos para a veciñanza e o territorio de Poio. O achegamento dos dous grupos ao poñer por enriba das siglas a execución dos proxectos prioritarios temos a certeza de que posibilitará a realización dun programa máis ambicioso. Neste mandato conseguimos desbloquear e resolver problemas históricos como a depuradora, a mellora das zonas portuarias, a reactivación do consello de participación veciñal e outras moitas. Queda traballo por diante e Avante Poio leva no seu ADN estar ao servizo da cidadanía”.
Por último, o responsable do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, entende que este acordo é unha oportunidade para Poio para configurar un gran proxecto e a candidatura de Gregori Agís conta co apoio de tódalas estruturas do partido conscientes da importancia de que Poio conte con un goberno forte e solvente. A candidatura de Gregorio Agís e capaz de sumar e aglutinar aos mellores, e un paso positivo e definitivo para a veciñanza de Poio.



