Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra O PSdeG-PSOE esixe á Luís López que cumpra coa súa palabra e...

O PSdeG-PSOE esixe á Luís López que cumpra coa súa palabra e reabra de inmediato a oficina de turismo no Mosteiro de Armenteira

- Anuncio -

Ana Laura Iglesias recorda ao presidente da Deputación que se comprometeu á reapertura da oficina en canto a igrexa estivera aberta ao público e insta a López a cuantificar “este dispendio de desmantelar o local para ter que volver a abrilo en menos dun mes”

“O goberno da Deputación só acerta cando rectifica e no caso da Oficina de Turismo de Armenteira só lle queda iso, rectificar”. Así se pronunciou a portavoz do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, Ana Laura Iglesias, tras coñecer a decisión do Arzobispado de abrir ao público a Igrexa do Mosteiro de Armenteira, “o que obriga directamente ao presidente de Deputación de Pontevedra a cumprir coa súa palabra e reabrir de forma inmediata a Oficina de Turismo que pecharon e desmantelaron con nocturnidade e alevosía”.

Ana Laura Iglesias citou textualmente a Luís López cando, tras a denuncia do Grupo Socialista e do Concello de Meis, contestou ás preguntas dos medios de comunicación sobre o inédito peche dunhas das oficinas de Turismo máis importantes da provincia. “Dixo claramente que a Oficina volvería cando a Igrexa reabrira as súas portas co que xa non ten máis escusas porque está preso das súas palabras”. A portavoz tamén instou a que “despois desta lamentable actuación, esiximos que o presidente explique con transparencia o dispendio que supuxo o desmantelamento da Oficina e o coste de ter agora que volver a abrila en menos dun mes”.

Iglesias lembrou que a Oficina do Mosteiro é unha das tres instalacións icónicas que xestiona directamente a Deputación, que ostenta as Q de calidade que a converten nunha referencia en atención ás e aos visitantes, cumprimento dos estándares e procedementos, e que en xaneiro recolleu en Madrid o propio goberno de López. O local estaba completamente transformado e dixitalizado polo goberno anterior co proxecto europeo Tourist Inside, que a dotou de todas as novas tecnoloxías para a inclusión e accesibilidade e de información ao turismo.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas