HomePontevedraO PSdeG-PSOE que Ruede estréase cuns orzamentos "tan lamentables que deflatan a...

O PSdeG-PSOE que Ruede estréase cuns orzamentos “tan lamentables que deflatan a provincia de Pontevedra”

- Anuncio -spot_img

David Regades entende que se restamos o que paga o Estado para as obras de Montecelo, “sobrecusto” que cobra o fondo francés no hospital privado de Vigo, a repetición constante de partidas e os fondos europeos ordinarios queda unha inversión aproximada ós cero euros para a provincia.

“As polémicas públicas entre os alcaldes do PP de Pontecesures e Valga acabaron fulminando os 4,6 millóns que había o ano pasado para o controvertido polígono de Pontecesures”

“A baixada do imposto aos ricos fai que teñamos menos recursos para atender ás clases medias e aos traballadores coa falta de inversión e tamén se traducen en menos médicos/as, enfermeiros/as, profesores/as e funcionarios en xeral”

“O día da marmota, a moviola, a repetición da repetición… poñámoslle o nome que lle poñamos, os Orzamentos da Xunta para 2023 na provincia son o mesmo de sempre”. Así valora o secretario xeral do PSdeG-PSOE pontevedrés, David Regades, as Contas que o Goberno galego vén de presentar. David Regades fixo estas manifestacións durante a xuntanza da Executiva Provincial do Partido Socialista, reunida hoxe en Pontevedra.
Os primeiros Orzamentos de Alfonso Rueda para a súa provincia non existen. “Sons uns Orzamentos tan lamentables que “deflactan” a provincia, por utilizar terminoloxía PP”. Apenas 195 millóns de euros “de propaganda barata” aos que se se lle restan os 38,5 millóns de euros de achegas estatais para as obras do hospital Montecelo, os 37,6 millóns de euros de pago do canon ao fondo francés propietario do hospital Álvaro Cunqueiro, as partidas repetidas “e xa tradicionais” e os fondos europeos ordinarios FEDER quedan reducidos á mínima expresión.
Nunha provincia de 61 concellos, explica Regades, a metade non recibe nin un euro da Xunta de Galicia.

Contas “antimunicipalistas”
Regades engadiu que se trata dunhas previsións orzamentarias “absolutamente antimunicipalistas e máis lesivos que nunca para os concellos como consecuencia do decimoterceiro ano consecutivo de conxelación do Fondo de Cooperación Local básico, que nin sequera se actualizou coa inflación nestes 13 anos, afogando así aos concellos nun auténtico escándalo de deslealdade institucional”. “Así que as partidas de Investimentos non son máis que a punta deste enorme iceberg de caciquismo en que se ten convertido a Xunta de Galicia”.
O secretario xeral socialista afirma que as partidas previstas para a Variante de Alba ou para a finca de Lourizán en Pontevedra, “a fotocopia da fotocopia” de todo o que presentan para Vigo ou as partidas que se anuncian para o saneamento das rías, arrastradas dun ano para outro como a marea, completan un retrato catastrófico dun Goberno galego falto de capacidade e de talento.
O Orzamento para 2023 complétase coa habitual listaxe de “cacicadillas” en obras de saneamento ou abastecemento de auga en concellos do PP cun reparto de “esmolas partidistas”.

Publicacións Relacionadas