HomePontevedraO SalnésO PSdeG ven con tristura que o PP mencione Vilagarcía no debate...

O PSdeG ven con tristura que o PP mencione Vilagarcía no debate da autonomía solo para atacar ao goberno local para tomar medidas hay anos que o propio Rueda anuncia agora como boas

- Anuncio -spot_img

Sinalan os socialistas que unha das propostas estrela de Rueda no seu discurso foi implantar parques caninos nas cidades que lles deixen terreos, e lembran que o PP local incluso atacou iso cando o goberno local de Vilagarcía o puxo en marcha xa en 2016

O secretario xeral socialista Julio Torrado afirma que “Rueda debería centrarse en cuestións relevantes e necesarias como a dotación de material para poder abrir o albergue municipal, iniciar as obras do centro de saúde ou afrontar a necesidade da estación intermodal”.
“Entre defender Vilagarcía e defender ao PP, Ana Granja sempre escolle ao seu partido”, apunta Torrado.

O secretario xeral da agrupación socialista de Vilagarcía, o deputado autonómico Julio Torrado, valorou hoxe a aparición de Vilagarcía no Debate do Estado da Autonomía que se está celebrando no Parlamento de Galicia esta semana, e fíxoo para “lamentar que o PP esté instalado na crítica voraz e irracional a todas as cousas que faga o Partido Socialista”. Así sucedeu ante unha das medidas que Alfonso Rueda avanzou, que tiña que ver coa implantación de parques para cans nas cidades galegas, sempre que os concellos lle faciliten os terreos. “Xa resulta asombroso que esa sexa unha gran proposta, pero en Vilagarcía resulta case ridículo sabendo que o PP local tamén criticou esta medida cando xa en 2016 se puxo en marcha”, lembrou Torrado apuntando ás críticas dos conservadores.

Para os socialistas locais, o que debera estar no debate son as apostas polos servizos públicos, “e aí si que tería sentido falar de Vilagarcía e saber se é o PP local o que está bloqueando e torpedeando que non comecen xa as obras do centro de saúde”. Apuntan tamén a que apenas houbo mencións á labor que os concellos realizan contribuíndo ao Camiño de Santiago, “cuestión na que o PP tamén podería explicar por que levan meses tendo ao albergue municipal parado por non querer poñerlle un mobiliario básico ao que se comprometeron dende o principio”, preguntou o secretario xeral.
“No PP local están tan instalados en dicir que todo está mal que terminan por pasarse o día falando mal de Vilagarcía”, sinalou o deputado autonómico quen cre que a voceira municipal Ana Granja debe dar algunhas explicacións do que pensa “acerca de que o propio Rueda tome exemplo do goberno de Alberto Varela e as súas medidas, mentres ela as criticaba”.

Julio Torrado pechou a súa valoración afirmando que “Entre defender Vilagarcía e defender ao PP, Ana Granja sempre escolle ao seu partido. Mentres os vilagarciáns saben que o goberno local reclama as melloras como a intermodal de transporte, a construcción do centro de saúde, a apertura do albergue ou a rexeneración da ría, no PP de Vilagarcía seguen intentando boicotealas.”

Publicacións Relacionadas