Home Pontevedra Caldas O PSOE de Valga recórdalle ao goberno local que quen sae perdendo...

O PSOE de Valga recórdalle ao goberno local que quen sae perdendo no asunto do GES é o concello e a veciñanza de Valga pola mala xestión do Partido Popular

- Anuncio -

Os socialistas consideran preocupante que o goberno local se loe por ganar un caso aillado nos tribunais cando na realidade o Concello de Valga perdeu un servizo esencial e supoxo un gran coste para as arcas municipais

Fai xa case dous anos e medio que o Concello de Valga desmatelou definitivamente, de forma arbitraria e sen posibilidade de revertir esta decisión o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

Dende entón o Concello de Valga perdía un servizo esencial para a veciñanza pola cabezonería do Grupo de goberno do Partido Popular e a súa común forma de actuar autoritaria e pouco democrática.

A decisión do alcalde e do concelleiro de interior Sr. Lagos de poñer fin ao GES foi unha forma de desfacerse de uns traballadores que de forma moi digna desempeñaban as súas funcións dende o ano 2013, por mor de reclamar os seus dereitos laborais.

Reclamaban aqueles traballadores horarios dignos, contratación de forma continuada, equipos de protección individual novos (porque algúns dos que tiñan atopábanse caducados), entre outras cuestións.

Aqueles despidimentos foron considerados nulos entre outras razóns pola irregularidade que supoñia a utilización de contratos por obra de forma concatenada e recurrente, cando o que debería ser, tal e como dixo o xuiz, é empregar a contratación continuada ou indefinida.

Aquela declaración de nulidade dos despedimentos trouxo consigo dúas gravísimas consecuencias para o concello de Valga:

En primerio lugar a veciñanza quedaba sen o servizo que ata o momento viña prestando o GES
En Segundo lugar, dado a imposible readmisión porque no momento en que se dictou a Sentenza o GES xa estaba completamente desmantelado, as arcas municipais sufriron un grave prexuizo tendo que detraer das contas públicas unha totalidade de 174.564 euros para abonar a indemnización que lle correspondía aos traballadores por despedimento nulo e por outra banda, outros 60.000 euros que se lle pagaron ao despacho de abogados que representou ao concello e que perdeu o caso.
“Todo isto despois de facer unha campaña de acoso e derribo contra os traballadores tanto na prensa como na radio acusando aos traballadores de vagos, de facer política e de obrigarlles a facer turnos de un só profesional” afirma María Ferreirós.

Agora o Concello de Valga volve a utilizar os medios ao seu alcance para actuar como a auténtica inquisición da Idade Media, dunha forma sesgada a bombo e platillo as redes sociais do Concello (coma sempre, ao servizo do PP de Valga) anunciaban que gañaban un proceso xudicial no que un traballador do GES solicitaba a remuneración de horas extraordinarias deixadas de percibir.

Dende o departamento de comunicación do Goberno Municipal preténdese blanquear a mala xestión de Bello Maneiro e o Sr. Lagos xeralizando esta sentencia para ocultar a literalidade da primeira resolución que declaraba os despedimentos nulos e obrigaba a indemnizar ao traballadores.

“O alcalde e o Sr. Lagos concelleiro de seguridade e interior queren tapar a súa nefasta xestión e enganar á venciñanza tratando de dicir que esta é unha batalla ganada contra o GES, cando na realidade é un caso illado e pertencente a un procedemento xurídico completamente distinto ao inicial que finalizara cunha dura reprimenda ao Goberno do PP valgués por un mal encadramento dos contratos (contrataban por obra contratos que deberían ser indefinidos pola súa continuidade no tempo) e pola nulidade dos 8 despedimentos, que non só nos custou ás valguesas e valgueses 174.564 euros en concepto de indemnización, senon que ademáis tivemos que pagar uns gastos xurídicos ao avogado do concello de mais de 60.000” aclaran os socialistas.

O Secretario de Política Municipal e parroquias da executiva do PSdeG-PSOE de Valga José Otero Casal declarou que “Dalgún xeito, este tipo de comunicacións dende as contas oficiais do Concello veñen a confirmar o que podemos ver no día a día da xestión do equipo de goberno: nulo respecto polos dereitos laborais das persoas traballadoras e despilfarro continuo de cartos públicos”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas