O goberno da anterior lexislatura formado polo PSOE e o BNG tiñan destinados 600.000 euros para a Rehabilitación da Nave de Aceiros mediante os Fondos Europeos, que permitiría contar cun novo espazo cultural. Estes Fondos teñen que estar executados e xustificados o 31 de decembro deste ano, é dicir, en apenas 3 meses. De non ser así Ponteareas perderá estes cartos. Este proxecto que xa fora licitado en dúas ocasións modificouse e estaba pendente de licitación antes do cambio de goberno o pasado mes de xunio.
O pasado 25 de xullo o PP de Nava Castro levou ao pleno a aprobación do proxecto de Rehabilitación da Nave de Aceiros para ubicar alí a praza de abastos xa que prometera en campaña electoral que ía facer a praza municipal nese espazo. Así a Sra Nava Castro botou por terra todo o traballo realizado polo goberno anterior e pretende comezar de cero con esta nova actuación que require os permisos necesarios e a aprobación da operación polo Ministerio.
A Sra Nava Castro, ainda sendo consciente do escaso tempo para poder sacar adiante a súa propaganda electoral, e sendo avertido de todo isto polo PSOE no pleno celebrado en xullo, decidiu seguir adiante.
Ante esta actitude a voceira do PSOE, a Sra. Vanesa Fernández, remitiu escrito de denuncia ante a Intervención Municipal e tamén ante o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude que posee o Ministerio de Facenda. A Sra Fernández explica que “un dos principais obxectivos dos Fondos Europeos é reforzar a política antifraude e manifestar o compromiso cos estándares máis altos no cumprimento de normas xurídicas, éticas e morais. Así como a adhesión aos principios de integridade, obxectividade e honestidade”.
Na denuncia remitida pola Sra. Fernández indícase que “se aproba un proxecto sin seguir o procedemento legal establecido na Ley de Contratos e contratando verbalmente pola Concelleira de Urbanismo un proxecto novo”. “A tramitación de Fondos Europeos esixe participación pública inexistente neste proxecto presentado polo PP, ademais de que o contrato verbal realizado constitúe unha vía de feito que determinaría a nulidade do expediente”.
“En apenas dous meses de goberno do PP xa nos atopamos coas prácticas caciquís dos vellos tempos, cando Ponteareas era coñecida por ter un alcalde inhabilitado ou por ter concelleiros do PP que escapaban do Pleno Municipal polas fiestras do Concello”, afirma Vanesa Fernández, voceira do PSOE de Ponteareas. “Ponteareas está a piques de perder 600.000 euros e a única responsable é a Sra Nava Castro e o seu equipo de concelleiros”, afirma Vanesa Fernández.