Home Pontevedra Ponte Caldelas O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas do río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas

- Anuncio -

Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a represa de Parada e mellorar o bosque de ribeira 

“O Rio Verdugo constituese como a columna vertebral do  territorio e da identidade do noso Concello. Un Rio marabilloso mais inmoderado, con  enchentes anuais”, en palabras da portavoz nacionalista Sol Seoane.  

As enchentas son inevitables, por naturais. “Temos que defendernos das súas enchentes porque  estas van, sin lugar a dúbidas, a máis, neste contexto de cambio climático. As mesmas razóns  que provocaron a DANA de Valencia actúan tamén aquí con outras características. Segundo os  modelos científicos, os episodios extremos, van ir a máis” 

Para a portavoz nacionalista, “hai que ter claro uns cantos aspectos para defender o rio. Isto  significa moitas cousas, unha das mais importantes sería evitar a súa contaminació eliminando o principal foco que son os microplásticos do campo de futbol da Chan da Barcia.  Alén de polémicas sobre os verquidos feitos podemos asegurar que cantidades significativa deste potente contaminante foron deitados ao Río nas últimas enchentas. Hai que saber que os  permisos e as declaracións responsables asinadas polo Alcalde foron papel mollado en menos  dun ano. Ter a catalogación de ” zona non inundable ” en Augas de Galiza non pode ser  aproveitado para facer unha temeridade como a que se fixo vostede, aproveitando un err burocrático para volver a dotar o campo de futbol cós mesmos compoñentes contaminantes  que o anterior”, afirmou Sol Seoan.  

A xestión da contorna do Rio ten que mudar. A vexetación de ribeira non é o inimigo , antes ben,  axuda a baixar a velocidade da auga e retén as ribeiras evitando a erosión.  

Os obstáculos inútilizados como a antiga levada de Parada, hoxe sen uso dende fai décadas,  hai que retiralos.  

A portavoz nacionalista fixo fincapé “nos estudios previos e simulacións por ordena elaborados por técnicos e presentados recentemente na casa da cultura, que indican que a  eliminación dese obstáculo pode permitir que flua mellor a auga no seu cauce baixando a cot de inundación na zona da biblioteca e do paseo e que non suba o nivel da zona inundable  protexendo así as dúas marxes do río”.  

Páxina 1 

O BNG apelou ao goberno municipal a “xestionar o rio coas premisas científicas e técnica deste século”, e nesta sentido a moción, rexeitada polo alcalde e o seu grupo, contiña tres  puntos: 

1-instar ao goberno municipal a facer un estudo técnico serio que nos informe sobre as cotas  exactas de baixada de nivel a consecuencia da eliminación da represa de Parada, que fai de  obstáculo claro para o transcurso do caudal da auga do río.  

2-Obter os permisos de Augas de Galiza e proceder á eliminación da presa de Parada.  

3-Evitar as podas e cortas agresivas aplicadas nas últimas intervencións levadas a cabo,  aplicando medidas de mantemento e mellora do bosque de ribeira que axudan a manter un río  vivo e reteñen as correntes de auga.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas