Xa abonda de remendos. O goberno municipal ten que deixar de lado as chapuzas e buscar unha solución duradeira ás fochancas do vial municipal do núcleo.
ando en maio pasado o goberno municipal arranxou as fochancas do Souto de Vea, advertimos que ese remendo non ía durar. Aínda non pasaron 6 meses e volveron aflorar as mesmas fochancas nos mesmos sitios, confirmándose así o que dixemos daquela, que o remendo de López no Souto de Vea só era para pasar as eleccións e o tempo deunos a razón.
Este non é un problema novo, é recorrente, polo que o que procede é buscar unha solución duradeira a unhas fochancas que sempre saen no mesmo sitio, por moito asfalto que se lle bote. Xa abonda de remendos.
Por outra parte, denunciamos unha vez máis a falta de sinalización horizontal na vía municipal do Souto de Vea. Xa indicamos no seu día que a ausencia de liñas que delimiten os carrís e as zonas de aparcadoiro é un problema grave de seguranza vial, nun treito no que adoitan pasar centos de coches todos os días.
A maiores, tamén denunciamos (outra vez) a falta de sinalización do único paso de peóns desta vía. É grave e é perigoso telo nas condicións en que está. É unha grave irresponsabilidade do goberno de López.



