HomePontevedraBaixo MiñoO Rosal acelera a mellora dos seus camiños con máis de 35.000...

O Rosal acelera a mellora dos seus camiños con máis de 35.000 metros cadrados asfaltados en dous anos

- Anuncio -spot_img

O Concello investiu nos dous últimos anos case 730.000 euros na modernización viaria e avanzar cara a unha mellora progresiva da mobilidade no rural

Máis de 35.000 metros cadrados de camiños rurais renovados nos dous últimos anos, arredor de 730.000 euros de investimento e un obxectivo claro: avanzar cara a unha mellora progresiva da mobilidade nas parroquias rosaleiras para garantir infraestruturas en bo estado. Con esa folla de ruta, o Concello do Rosal continúa impulsando actuacións estratéxicas de mellora viaria que están a chegar xa a todas as parroquias.

A intervención máis recente vén de executarse na contorna de Marzán, con preto de 6.900 metros cadrados mellorados e múltiples actuacións que inclúen roza de marxes, limpeza e ensanche de caixas, melloras na drenaxe, nova pavimentación, instalación de colectores de PVC e sistemas de recollida de augas pluviais.

Este proxecto forma parte dunha estratexia global para a renovación do firme en camiños municipais, marcando un salto cualitativo na calidade da infraestrutura rural. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, subliñou que “estas intervencións non son un arranxo puntual nin illado, senón parte dun compromiso sostido co territorio e coa veciñanza”. Segundo destacou a rexedora, “na planificación de mellora dos camiños rurais cada actuación vai acompañada dunha actualización previa dos servizos que non se ven: abastecemento, saneamento e pluviais”.

Desde o Concello sinalan que este tipo de actuacións non só aumentan a seguridade viaria, senón que tamén melloran a calidade de vida nas contornas rurais, favorecendo o tránsito de persoas e vehículos, o acceso ás vivendas, a actividade agrícola e o asentamento poboacional.

Publicacións Relacionadas