O Rosal dálle ás á cativada cunha nova sesión dos Venres Rebuldeiros

adminON
Lectura mínima de 2

Trémola Teatro chega o 3 de outubro con ‘Pipo, o paxano que non sabía voar’, un espectáculo de balde para cativada de 0 a 3 anos. Necesaria inscrición previa no 986 625 000

A maxia do teatro e da lectura chega de novo ao Rosal cunha nova sesión dos Venres Rebuldeiros. O vindeiro 3 de outubro, ás 18.00 horas, a compañía Trémola Teatro encherá de ilusión a Biblioteca Municipal coa súa obra ‘Pipo, o paxaro que non sabía voar’, un espectáculo pensado especialmente para nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Pipo é un paxariño que está moi triste porque non sabe voar. Mais todo muda cando chegan os seus amigos… e tamén o público, que terá un papel clave para axudarlle a descubrir se pode erguer o voo.

A actividade forma parte do programa Venres Rebuldeiros, co que o Concello busca achegar cultura, teatro e contacontos á cativada de maneira gratuíta. A proposta está incluída dentro de dúas iniciativas de referencia, o programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra e Ler Conta Moito, unha acción de dinamización da lectura impulsada desde a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Para participar é necesaria inscrición previa chamando ao teléfono 986 625 000.

Comparte este artigo