Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal pon en marcha estudo de participación e necesidades socioculturais da...

O Rosal pon en marcha estudo de participación e necesidades socioculturais da veciñanza

- Anuncio -

Con esta iniciativa pioneira na contorna, o Concello busca coñecer as necesidades culturais, de lecer e participación de rosaleiros e rosaleiras

O Rosal segue a dar pasos innovadores en todos os eidos, tamén á hora de contar coa opinión da veciñanza. O Concello porá en marcha un estudo de participación e necesidades socioculturais de rosaleiros e rosaleiras co obxectivo de coñecer as necesidades culturais, de lecer e de participación da poboación, unha información que, como destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “sen dúbida nos facilitará e guiará na toma de decisións do Goberno municipal no eido sociocultural”.
Trátase dunha iniciativa pioneira na contorna coa que se procura coñecer tamén os intereses dos distintos perfís veciñais do municipio, cunha ampla parte da poboación cunha idade superior aos 60 anos, un forte peso da poboación adulta procedente do coñecido como ‘baby boom’ e unha diminución de veciños e veciñas en idades xuvenís. O estudo realizarase a través dunha enquisa en liña e presencial “que nos permitirá chegar a todos os rangos de idades e colectivos, recollendo a maior información posible dunha forma directa”.
O estudo desenvolverase en tres fases diferenciadas. O arranque será a través dunha primeira toma de contacto coa realidade sociocultural do municipio a través de entrevistas con persoas clave, que dará paso a unha segunda fase na que se recollerá información a través dunha enquisa en liña e presencial a disposición de toda a poboación. Xa cos datos recollidos analizados polo persoal técnico, na terceira fase presentarase o informe final con todos os resultados e conclusións obtidas. Este estudo realizarase ao longo de 12 semanas e prevé rematarse no vindeiro mes de marzo, aínda que o prazo podería estenderse en función do nivel de participación da poboación.
Para a realización deste proxecto o Concello conta con dúas expertas formadas en socioloxía, demografía, educación e cultura: por un lado Antía Domínguez, doutora en Demografía, licenciada en Socioloxía, diplomada en Estatística e profesora na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña; e, por outro, Angelina Gándara, diplomada en Educación Social e Técnica Superior e Experta en Animación Sociocultural.

Relacionadas

A Escola de Verán do Concello de Baiona cumpre 15 anos ampliando a súa...

0
A concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2024. Este ano cúmprense...

O Concello realizará dous obradoiros de elaboración de pandeiretas ante a alta demanda

0
Organizados pola OMIX de Tomiño, 70 persoas terán a oportunidade de aprender a crear este instrumento tradicional O Concello continúa comprometido coa participación e formación...

Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

0
Dende onte, 23 de abril, Día do Libro, está en funcionamento, nun dos quioscos da céntrica Praza da Inmaculada,  a “Casa dos libros orfos”,...

O deputado Javier Tourís recibe na Finca Areeiro ao colectivo de Mulleres Rurais de...

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, recibiu hoxe ás mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Salceda de Caselas que...

Unha ruta ornitolóxica abre este domingo os percorridos pola natureza en Tui

0
É preciso inscribirse na Oficina de Turismo. Ofértanse 25 prazas. Andoriñas, rulas, bubelas, paporrubios, xílgaros, miñatos, ou garzas serán algunha das aves que se poderán...

A Deputación envía ao Concello de Pazos de Borbén o convenio para a mellora...

0
O goberno provincial, a través do servizo de Infraestruturas, leva meses traballando para conseguir a dispoñibilidade dos terreos necesaria para executar a ampliación da...

Publicacións Relacionadas