HomePontevedraBaixo MiñoO Rosal revive a memoria coa proxección de ‘Aillados’, un documental sobre...

O Rosal revive a memoria coa proxección de ‘Aillados’, un documental sobre a historia dos presos na illa de San Simón

- Anuncio -spot_img

Será este mércores 26 de febreiro ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente con entrada de balde

Proxectar o pasado para non esquecelo. Este mércores 26 de febreiro, o Centro Social Polivalente converterase en espazo de lembranza e reflexión coa proxección de ‘Aillados. A memoria dos presos na illa de San Simón’, un documental que afonda con testemuños e vivencias na historia dos prisioneiros que foron recluídos na illa, un lugar de illamento empregado durante o franquismo para encarcerar a opositores políticos e persoas que loitaban pola democracia.

A iniciativa, organizada pola Comisión pola Recuperación da memoria Histórica Baixo Miño-Condado-Louriña coa colaboración do Concello do Rosal, busca abrir un espazo de debate e conciencia sobre estes feitos que marcaron a vida de moitas familias galegas.

O acto contará coa intervención da alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e coa participación do alcalde de Nigrán, Juan A. González, que afondará na relevancia histórica dos acontecementos que recolle esta peza documental.

A entrada será libre ata completar aforo.

Publicacións Relacionadas