A historia volve cobrar vida no Rosal. O Concello pon en marcha unha nova edición das Xornadas de Patrimonio, unha cita xa consolidada co coñecemento e a memoria colectiva que busca achegar á veciñanza e ás persoas visitantes a riqueza patrimonial, material e inmaterial, do municipio. Serán tres xornadas abertas a todos os públicos, que se celebrarán entre outubro e novembro e que contarán coa participación de recoñecidos especialistas galegos.
“O patrimonio non é só o que vemos, senón tamén o que herdamos e o que transmitimos. Con estas xornadas queremos seguir facendo do Rosal un espazo vivo de historia, cultura e identidade compartida”, sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que destacou “a aposta do Concello por poñer en valor o noso patrimonio dende unha perspectiva participativa, accesible e divulgativa”