Ducias de persoas participaron hoxe na Praza de Abastos de Redondela na degustación do roscón xigante “cos premios máis frescos” para os seus clientes e clientas. O Concello ofreceu ao público un roscón xigante onde se agochaban 24 figuras premiadas. Produtos frescos como peixe ou polo, froitas, vales de compra ou almorzos foron algúns dos premios dados polos praceiros e praceiras que recolleron hoxe os afortunados, ademais de gozar dun saboroso roscón.
Actividade organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios.

