HomeO SalnésMeañoFunción da obra “A primavera da aldea” a cargo do grupo de...

Función da obra “A primavera da aldea” a cargo do grupo de teatro “O Merlo” do CEIP As Covas de Meaño o domingo 9 de febreiro ás 19.00 H no Auditorio Municipal de Ribadumia coa colaboración do concello de Ribadumia

- Anuncio -spot_img

O domingo 9 de febreiro ás 19.00 h no Auditorio Municipal de Ribadumia, o grupo de teatro
“O Merlo” do CEIP As Covas de Meaño porá en escena a obra “A primavera da aldea”, escrita
por Carlos Yus e María Campos, fundadores da compañía Migallas Teatro.
Nesta peza abórdanse con humor e optimismo, entre outros temas, cuestións tan importantescomo o despoboamento do rural e a chegada de persoas inmigrantes. Escenas emotivascombínanse con escenas humorísticas co fin de entreter os espectadores ao mesmo tempoque se provoca neles unha reflexión sobre as posibles solucións a estes problemas.

O grupo de teatro “O Merlo” está formado por un total de 22 nenas, nenos, nais, pais, avoas eavós da comunidade educativa do CEIP As Covas de Meaño que participan desde o mes de
outubro de 2024 na actividade “Xoguemos ao teatro” coordinada por Carlos Yus.
Esta actividade enmárcase no Proxecto Documental Integrado (PDI) que está a desenvolver oCEIP As Covas durante este curso escolar 2024-2025 baixo o nome de “Crucemos”. Nel, a
comunidade escolar aborda o achegamento ás culturas de alén do mar, América, o Atlántico, omundo mariño e as migracións, entre outras cuestións.

A función do próximo domingo está organizada polo Concello de Ribadumia dentro da
Programación do Auditorio Municipal de Ribadumia do primeiro trimestre do ano 2025.

Publicacións Relacionadas