HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia un investimento por valor de preto de 1,3 millóns...

Luis López anuncia un investimento por valor de preto de 1,3 millóns de euros na mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9302 Xil-As Covas-Barrantes, en Meaño e Ribadumia

- Anuncio -spot_img

Os traballos desenvolveranse na totalidade da estrada, de preto de 6 quilómetros de lonxitude, e consistirán na reposición do firme e na mellora da drenaxe e da sinalización

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe a aprobación do expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9302 Xil-As Covas-Barrantes, que discorre polos concellos de Meaño e Ribadumia, cun investimento total de preto de 1,3 millóns de euros. “Un proxecto que eu mesmo presentei hai tan só uns días á veciñanza da zona xunto cos alcaldes de ambos concellos”, explicou o presidente provincial.

Nesta estrada é preciso proceder a reposición do firme e mellorar a drenaxe e sinalización, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria na totalidade de estrada, de preto de 6 quilómetros de lonxitude. Desta maneira, as obras inclúen a limpeza de ambas marxes e cunetas, o saneamento dos firmes, a mellora da drenaxe lonxitudinal, a execución de redutores físicos da velocidade e operacións complementarias de reposición da sinalización vertical e horizontal afectada.

“Avanzamos así no noso compromiso coas estradas provinciais, para garantir o seu óptimo estado e, con isto, a seguridade das nosas veciñas e veciños, de todos os que empregamos estas vías indispensables na vertebración do noso territorio”, confirmou López.

Publicacións Relacionadas