HomeO SalnésMeañoO BNG de Meaño mobilízase na loita feminista

O BNG de Meaño mobilízase na loita feminista

- Anuncio -spot_img

Montse Fajardo: “Para construír un futuro feminista, debemos ancorarnos á memoria histórica”.

O BNG de Meaño mobilizouse con forza polo 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, baixo o lema da súa campaña: “Nin medo nin vergoña”. A véspera do 8M, organizaron un coloquio feminista coa escritora e xornalista Montse Fajardo, quen, a través dun percorrido polos seus libros, abordou o feminismo dende a perspectiva da memoria histórica. “Para construír un futuro feminista, debemos ancorarnos á memoria histórica”, destacou Montse Fajardo, subliñando a importancia de recoñecer e visibilizar as loitas das mulleres do pasado para avanzar nun presente e futuro de igualdade.

Ademais, o BNG de Meaño sumouse á manifestación unitaria en Vilagarcía de Arousa, organizada pola Asociación Feminista “O Soño de Lilith”. Nesta concentración, reivindicouse a forza do feminismo galego, rebelde e organizado, como ferramenta para frear o avance da onda machista e reaccionaria que ameaza os dereitos conquistados.

O BNG de Meaño reafirmou o seu compromiso co 8M como un día de loita e reivindicación, afastándoo de visións banais que o reducen a unha simple xornada de celebración: “As mulleres queremos dereitos, queremos respecto”.

Polo 8M, dicimos, con claridade, sen medo nin vergoña: Nin un paso atrás. Fronte á onda reaccionaria, imos defender os dereitos das mulleres tanto nas rúas como nas institucións.”

Publicacións Relacionadas