HomeO SalnésMeisNo pleno de organización, que inagura a lexislatura en Meis, a primeira...

No pleno de organización, que inagura a lexislatura en Meis, a primeira medida do PSOE é subirse o soldo máis dun 60%

- Anuncio -spot_img

A día 27 de xuño vimos de celebrar o pleno extraordinario de organización co cal dá por comezada a nova lexislatura en Meis.

Un dos puntos da orde do día era a retribución da alcaldesa e as concelleiras pasando o soldo dos 43.407,17 euros da lexislatura anterior aos 69.850 euros da lexislatura actual.

Dita subida supón un gasto en soldos (sen sumar os gastos a maiores desta decisión tales como as alta no rexime da seguridade social) de máis dun 60% con respecto á lexislatura anterior; 26.443 euros máis.

Fai 4 anos o BNG asinou un contrato para darlle a alcaldía ao PSOE deixando moi claro que só se poderían percibir 43.407,17 euros de soldo en total, negándose o BNG a percibir ningún tipo de soldo. Nada máis obter a maioría, e incumprindo a austeridade prometida na campaña, se suben o soldo máis dun 60%.

Esperemos que o gasto non teña que ser compensado no futuro con subidas das taxas á veciñanza, outro punto innegociable para o BNG que quedou plasmado no acordo da lexislatura anterior e que obrigamos a cumprir.

Publicacións Relacionadas