Home Pontevedra O Salnés Alfonso Rueda destaca a Festa do Mexillón e O Berberecho de Vilanova...

Alfonso Rueda destaca a Festa do Mexillón e O Berberecho de Vilanova de Arousa como reclamo para turistas e peregrinos

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro da Xunta recibiu o Mexillón de Ouro na XXVII edición desta celebración gastronómica declarada de Interese Turístico de Galicia desde 2014

― Trátase dunha das máis de 150 celebracións de interese turístico na comunidade galega que contribúen a poñer en valor os recursos do turismo dos concellos galegos

― Alfonso Rueda invitou a desfrutar do modelo de turismo tranquilo, seguro e de calidade que ofrece a comarca do Salnés e a comunidade galega e descubrir o Camiño a través de rutas como a do Mar de Arousa e do Río Ulla neste Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á XXVII edición da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa, un evento de exaltación gastronómica que conta coa declaración de Interese Turístico desde 2014. Ademais, recibiu o Mexillón de Ouro xunto cos presidentes das cámaras municipais das localidades portuguesas de Ponte de Lima e Braga, Víctor Manuel Alves e Antonio José Pereira respectivamente. Ao acto tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.
Na súa intervención, Alfonso Rueda destacou que se trata dunha celebración singular para poñer en valor os produtos do mar da zona e, ao mesmo tempo, contribuír á súa promoción turística. De feito, sinalou que se converte cada ano nun reclamo para turistas e peregrinos que visitan o concello pola súa capacidade para difundir os seus recursos turísticos e dinamizar a economía local.
A Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa é unha das 128 Festas de Interese Turístico de Galicia, ás que se suman 12 de Interese Turístico Nacional e outras 12 de Interese Turístico Internacional, de xeito que existen na comunidade máis de 150 celebracións con algún destes recoñecementos.
A Xunta aposta por un turismo sostible e de calidade vencellado ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo e por unha oferta diferenciada e a fortaleza de Galicia como destino seguro. Alfonso Rueda lembrou que son os mesmos obxectivos que comparte a marca Mar de Santiago apoiada polo Goberno galego e desenvolvida polos concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga coa que se identifica o itinerario vencellado á chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Galicia; é dicir, coa Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla. Por iso, animou a turistas e peregrinos a desfrutar das paisaxes, o patrimonio e a gastronomía nun destino seguro e de calidade como a comunidade galega e camiñar a Galicia neste Xacobeo 21-22.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas