HomePontevedraBaixo MiñoO salto xeracional de Suevia Cividanes, fotografía gañadora do concurso ‘Mulleres que...

O salto xeracional de Suevia Cividanes, fotografía gañadora do concurso ‘Mulleres que inspiran’

- Anuncio -spot_img

O Salón de Exposicións acolle ata finais de ano unha mostra con 28 imaxes presentadas ao certame

Diferentes xeracións, o mesmo amor. Iso reflicte a fotografía de Suevia Cividanes Alonso titulada ’84 anos sepárannos’, a imaxe gañadora do concurso ‘Mulleres que inspiran’, un certame co que o Concello do Rosal buscaba facer unha homenaxe ás avoas, nais… rosaleiras e recoñecer o labor destas mulleres como piares das familias e da sociedade ao tempo que fomentaba a memoria histórica, a creatividade artística e a participación cidadá.
O Salón de Exposicións do Concello acollerá ata finais de ano unha mostra con 28 imaxes presentadas a este certame, case unha trintena de escenas familiares ou sociais históricas, de reunións xeracionais e de encontro que ofrecen unha ollada ao Rosal de todos os tempos.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a visitar esta interesante exposición que forma parte do programa municipal do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. “Percorrendo as distintas imaxes poñemos en valor o traballo e a vida das mulleres rosaleiras, mulleres loitadoras que turraron cara a adiante por toda unha sociedade cun labor que moitas veces permanece invisible a pesar de ser fundamental para o funcionamento das nosas vidas e das nosas vilas”, lembrou a rexedora.
O Concello puxo en marcha esta iniciativa ao abeiro do proxecto ‘Mulleres que inspiran’, un programa posto en marcha para continuar revolucionando mentes, promocionar a igualdade real e previr a violencia de xénero a través de referentes femininos en todos os eidos.
Financiado pola Deputación de Pontevedra, o proxecto ‘Mulleres que inspiran’ busca achegar referentes femininos en todos os ámbitos a través de diferentes liñas de actuación, como encontros con profesionais, dando visibilidade ás xornalistas deportivas e deportistas profesionais de disciplinas historicamente masculinas ou a través da arte.
Obras da exposición:

  • ’84 ano sepárannos’, de Suevia Cividades (gañadora).
  • ‘Coliños que dan vida’, de Ana Belén Díaz.
  • ‘Xogando na tenda da avoa’, de Andrea Iglesias.
  • ‘Coa miña tía’, de Conchi Balboa.
  • ‘Catro xeracións arredor da mesa’, de Ángeles Martínez.
  • ‘Nos días de festa’, de Esther Rodríguez.
  • ‘Escola de dona Brígida’, de Mariluz Rodríguez.
  • ‘De paseo con Gilda’, de Flavio Vicente.
  • ‘Nos brazos da avoa’, de Beatriz Rodríguez.
  • ‘Poderoso matriarcado’, de Sandra Alonso.
  • ‘Amor de avoa’, de Charo Tabales.
  • ‘70+22’, de Ana de Lorenzo.
  • ‘Aurora rodeada de amor’, de Diego Ferreira.
  • ‘Nai rodeada das súas fillas’, de Elisa Conde.
  • ‘Oito netos para unha avoa’, de Vania Álvarez.
  • ‘Cara ao futuro’, de Elsa Fernández.
  • ‘Xuntos sempre’, de Patricia Álvarez.
  • ‘Rodeada das mellores mulleres da miña vida’, de Iria Martínez.
  • ‘Cariño de nai’, de Leire Peniza.
  • ‘Muller loitadora’, de Mª José Álvarez.
  • ‘Xogos coa avoa’, de Paula Molina.
  • ‘Mulleres emprendedoras do Rosal’, de Ainhoa Gómez.
  • ‘Loitadoras, emprendedoras e sacrificadas pola súa familia’, de Rocío Lomba.
  • ‘Tempo de verán’, de Ana Alfonso.
  • ‘Coidados de avoa’, de José Álvarez.
  • ‘Arredor dunha mesa’, de Aurora Rodríguez.
  • ‘Diferentes pólas dunha mesma árbore’, de Sonia Iglesias.
  • ‘Mulleres fortes’, de Teresa Rodríguez.

Publicacións Relacionadas