Home Pontevedra O Salnés O San Martín fai un chamamento a asistir este domingo ao municipal...

O San Martín fai un chamamento a asistir este domingo ao municipal de Vilaxoán

- Anuncio -

As entradas serán gratuítas para toda a afección

A directiva do San Martín C.F. fai un chamamento a todos os veciños e veciñas do pobo e á base do club a asistir ao municipal de Vilaxoán este domingo onde o equipo xógase o ascenso a Primeira Galicia.

O encontro será ás 19:30 h. co Cerponzóns, último partido da fase, onde ambos equipos disputaranse o segundo posto para subir de categoría.

Para a directiva de Vilaxoán, conscientes de que vai ser un partido duro, “fronte a un rival forte que se xoga o mesmo ca nós”, mostra a máxima confianza na equipa de Lino González.

A presidenta do Club, Laura Navia, quere que ese día sexa un día de celebración, “desde a directiva pedímoslle a afección do San Martín encher as gradas e dar o máximo para animar ao equipo da casa”.

“Neste partido temos que saír a gañar para ter a gran oportunidade de ascender logo de varios anos na mesma categoría”, sinala a presidenta.

“Os nosos xogadores precisan do arroupe da nosa afección, precisan contar co pobo de Vilaxoán este domingo neste partido tan decisivo”, por iso, desde a directiva acordamos facer “xornada de portas abertas”, conclúe Laura Navia.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas