HomePontevedraO Sárdoma, a por a súa materia pendente

O Sárdoma, a por a súa materia pendente

- Anuncio -spot_img

O conxunto vigués recibe ao Racing de Santander co reto de sumar o seu primeiro triunfo en casa

Tras sumar a súa primeira vitoria da tempada en Bilbao (0-1 ante o Athletic C) o Sárdoma de Vigo afronta a que se pode considerar a súa materia pendente, que non é outra que converter As Relfas nun fortín. Deste xeito, mañá, a partir das 12.00 horas, recibe no seu campo ao Racing de Santander coa misión de sumar o seu primeiro triunfo en casa desta ilusionante campaña do conxunto olívico na 2ª RFEF.

O triunfo das sardomistas en Lezama a pasada xornada foi un importante reforzo anímico nas aspiracións das pupilas de David Ferreiro. Así, instaladas na zona media da táboa, con 4 puntos, grazas ao seu empate #ante o Zaragoza CFF da primeira xornada e á súa vitoria en Bilbao, asumen con maior confianza a súa misión de blindar As Relfas, unha misión que se antolla clave na súa loita pola permanencia esta campaña.

Para este encontro, Ferreiro convocou ás súas 18 xogadoras, polo que poderá contar nesta ocasión con Vicky e Ainara tamén, ausentes en Bilbao por decisión técnica.
“Esta fin de semana espéranos un rival histórico, un rival que nos vai a vir buscar arriba e vai tentar ter o balón para controlar o partido”, advirte David Ferreiro. “Debemos ter moi claro o plan de partido noso e seguilo ata o final Polo que vimos nas tres primeiras xornadas”, prosegue, “creo que se os dous equipos mostramos un gran nivel, o resultado decantarase nalgún detalle”.

O encontro poderá seguirse na nosa canle de Youtube (https://www.youtube.com/watch?v=PywXXwZOCu8)

Publicacións Relacionadas