Home O Morrazo Moaña O secretario xeral para o Deporte visita as instacións da Sociedade Deportiva...

O secretario xeral para o Deporte visita as instacións da Sociedade Deportiva Tirán, o Club de Traiñas máis laureado de Galicia

- Anuncio -

_Na presente tempada o club de remo de Moaña recibiu 21.000 euros con cargo ao Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición d e Galicia


_Destaca tamén o apoio as traíñas en Galicia co financiamento da LGT cun investimento de 110.000 euros


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta tarde as instalacións da Sociedade Deportiva Tirán onde supervisou as últimas actuacións de mellora levadas a cabo polo club. O mandatario galego gabou a traxectoria da SD Tirán, o club de traíñas máis laureado de Galicia, que disputará de novo o playoff de ascenso á Liga ACT tras regresar a tempada pasada á primeira división. De feito, a SD Tirán foi un dos socios fundadores da Liga ACT no ano 2003 e dende aquela participou en todas as súas edicións menos cinco.


Lete Lasa desexou a mellor das sortes o club de Moaña nese playoff de ascenso no que tamén competirán as traíñas de Samertolameu e Bueu e expresou a súa confianza de que o ano que vén outros dous equipos galegos acompañen a Cabo de Cruz e Ares na ACT.


Do mesmo xeito, o secretario xeral asegurou que a Xunta de Galicia seguirá traballando para que a SD Tirán siga acadando grandes éxitos. Cómpre lembrar que na presente tempada o club de remo de Moaña recibiu preto de 21.000 euros ao abeiro do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Fundación Deporte Galego.


No que atinxe ás traíñas galegas, cómpre destacar o gran crecemento de participación da Liga Galega de Traíñas tanto masculina como feminina nos últimos anos cun incremento do 22% no orzamento destinado pola Xunta de Galicia que subiu ata os 110.000 euros xa en 2019.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Publicacións Relacionadas