HomePontevedraO Sergas comeza mañá o cribado masibo n Soutomaior

O Sergas comeza mañá o cribado masibo n Soutomaior

- Anuncio -spot_img

A proba realizarase no centro de saúde de Arcade, en horario de tarde, mediante un test rápido de antígenos

O cribado masivo solicitado polo Concello de Soutomaior ao SERGAS levará a cabo durante toda esta semana no centro de saúde de Arcade. A proba, á que se citarán por SMS a 2885 persoas entre 40 e 79 anos, ten como obxectivo localizar o maior número posible de persoas asintomáticas para tentar reducir a cifra de contagios de Covid19 no municipio.
As probas realizaranse en horario de tarde, a partir das 15:30 horas, desde o martes 2 ata o venres 5 de febreiro. Para este cribado o SERGAS destinou tres equipos diferentes de enfermería para cada quenda. O primeiro para informar os usuarios, outro para a realización e procesado de mostras e o último para realizar tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade.
A proba realizarase con test rápidos de antígenos xa que esta técnica permite ampliar o rango diagnóstico advertindo dos diferentes estados da enfermidade diferenciando entre as infeccións agudas, avanzadas e as xa curadas.
Aínda que a proba é voluntaria, o alcalde quixo recalcar a importancia de asistir á convocatoria para axudar a coñecer a incidencia real do virus no municipio. “É moi importante que todos os citados acudan ás probas, pola súa propia seguridade, pola de quen lle rodea e pola de todos os veciños”, indicou Reguera.
Os resultados negativos do cribado notificaranse vía SMS aos interesados mentres que aos positivos comunicaráselles directamente a través dunha chamada telefónica.

Publicacións Relacionadas