– O Concello de Redondela conta con dúas unidades móbiles de punto limpo móbil para atender as demandas da veciñanza e facilitar a reciclaxe de residuos. Os remolques están dúas semanas en cada localización. Neste mes de xaneiro estarán en Trasmañó, Cedeira e Cabeiro.
– O Concello local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este servizo, no se recollen multitude de residuos “o que evita o seu traslado á planta de Sogama e permite reciclalos axeitadamente”. Pequenos electrodomésticos, pintura, pilas, móbiles, material informático e xoguetes son algúns dos residuos máis comúns.
Redondela conta con dous puntos limpos móbiles para facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa. A concellaría de Infraestruturas e Sostibilidade e a de Medio Ambiente promoven o seu uso entre a veciñanza, xa que se trata dun servizo gratuíto para a cidadanía e de grande importancia para ter cada vez unha Redondela máis limpa, “polo que é fundamental contar coa colaboración de todos e todas”, sinalan desde o Concello.
Os dous remolques estarán a disposición dos usuarios e usuarias periodicamente en todas as parroquias, cunha estancia de dúas semanas en cada emprazamento. Os residuos que se poden depositar neste punto limpo son pequenos electrodomésticos, móbiles e tabletas, material informático, cargadores, auriculares, pilas, baterías, CDs, cartuchos e tóner de impresoras, radiografías, lámpadas, fluorescentes, cápsulas de café, material de escritura, aerosois, pintura, plásticos que non sexan envases, xoguetes ou pezas de téxtil, entre outros.
O goberno local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este servizo, no que se están a recoller multitude de residuos “o que evita o seu traslado á planta de Sogama e permite reciclalos axeitadamente”.
Neste mes de xaneiro os puntos limpos móbiles están nos seguintes lugares:
Ata o 11 de xaneiro:
– Aparcadoiro do Pavillón Municipal de Chapela
-Chaira do convento de Trasmañó
Do 12 ao 25 de xaneiro
– Cedeira no aparcadoiro contiguo á pista deportiva
– Centro Cultural San Xoán de Cabeiro
Do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro:
– Vilar, no aparcadoiro
– Quintela, no aparcadoiro do novo Centro Cultural de Quintela.(Datas Xaneiro/Febreiro semana 5 e 6)
O calendario coas localizacións de todo o ano pode consultarse nas redes sociais do Concello e na web www.redondela.gal.
Minipuntos Limpos
Os puntos limpos móbiles complementan o servizo dos seis “minipuntos” instalados en diferentes rúas de Redondela e Chapela. Serven para reciclar pequenos obxectos como cartuchos, cargadores, pilas ou baterías, e están nas rúas Alfonso XII, Ernestina Otero, Ribeira e Santa Mariña de Redondela, e nas avdas de Redondela e de Vigo en Chapela.
Recollida de residuos voluminosos
Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema sinxelo e gratuíto para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e informaranlles do día e lugar no que pode depositar estes residuos.



