Home O Morrazo Marín O sistema de Smart Mobility que permitirá ter información en tempo real...

O sistema de Smart Mobility que permitirá ter información en tempo real do tráfico e do aparcamento estará dispoñible a partir deste verán

- Anuncio -

A cidadanía poderá consultar como están as rúas e aparcadoiros públicos gratuitos a nivel de ocupación en todo momento a través de pantallas na rúa, dunha aplicación móbil e da páxina web do Concello. Tamén se poderá garantir o bo funcionamento das Zonas 2H.

O uso da tecnoloxía é unha ferramenta esencial para ordenar as cidades do futuro. Marín leva tempo traballando neste sentido, xa que a aplicación na vila das estratexias de Smart Mobility é unha das liñas de inversión que se contemplan dentro de Marín Dusi, proxecto cofinanciadao nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Esa Smart Mobility ten, sobre todo, un pilar fundamental: poder axudar na ordenación do tráfico e do estacionamento en todo o espazo urbano, dando información en tempo real á cidadanía. Esa é a base deste proxecto, que tal e como informou esta mañá o Goberno local, está xa na fase final de validación de datos e dos sistemas informáticos que se porán en marcha, para que o proxecto poida estar dispoñible para a veciñanza este mesmo verán.

Coñecer o estado da conxestión do tráfico nas principais vías urbanas e cal é o nivel de ocupación do estacionamento, tanto nas rúas como nos aparcadoiros públicos gratuitos habilitados por todo o centro, será a información que se publique de maneira constante e en tempo real para que as persoas poidan buscar de xeito máis sinxelo onde aparcar o coche.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas