Home Pontevedra Deza O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui,...

O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui, gañador da 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA

- Anuncio -

• ESTE EXEMPLAR, QUE TAMÉN É O BEST IN SHOW DA 102ª EXPOSICIÓN NACIONAL DE HOXE POR XULGARSE CONXUNTAMENTE AMBAS COMPETICIÓNS, XA RESULTARA VENCEDOR ONTE NA 101ª EXPOSICIONAL NACIONAL

• NOS CONCURSOS DESTA XORNADA COMPETIRON MÁIS DE 300 EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPAÑA E PORTUGAL

O spaniel continental enano Elram´s I Put a Spell On You Sui, alzouse hoxe como campión da 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 102ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, as cales se disputaron neste recinto feiral dende primeira hora da mañá e estiveron organizadas pola Sociedade Canina Galega.

Este exemplar é o Best in Show de ambas Exposicións, xa que o xulgamento destas competicións é común e, polo tanto, os seus resultados coincidentes nas distintas categorías. O can vencedor pertence a Gabriele Feldmann e Sascha Feldmann e foi presentado por José Luis Santiago, de A Coruña.

Elram´s I Put a Spell On You Sui xa resultara onte gañador na 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal tamén tivo lugar no recinto.

Por outra banda, o subcampión foi o can de raza schnauzer miniatura negro Made in Spain Heru, de Jacqueline Lasry, de Madrid, o cal onte acadara o terceiro posto na 101ª Exposición Nacional. O terceiro lugar foi para o siberian husky Snoebear’s the Light of Hope Hiyouton, de Yoan Marques, de Portugal.

Estes exemplares foron elixidos como os mellores da Exposición nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

No resto das categorías tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” a vencedora foi, ao igual que na Exposición Nacional de onte, a australian shepherdog Zoom in Me de la Noval, propiedade de María Sonsoles Hevia de la Noval, de Asturias, mentres que en “Cachorros” gañou o caniche mediano marrón Performance S Tsvetochnoj Poljany, de Mónica Méndez González e Daniel Pérez-Guerra Pinart, de Lugo.

En “Xóvenes”, como gañador repetiu respecto á competición de onte o schnauzer miniatura negro Aidante Everybody´s Everything, de Ante Lucin/Javier González Medikote, de Valencia, ao tempo que en “Veteranos” venceu o caniche miniatur Sotto Voce Willy Wonka, de Mª Pilar Rodríguez Piñeiro, de Ourense. En “Razas Españolas” venceu o exemplar de podenco valenciano-xarnego de pelo liso Batman de Canera de Mouden, de Manuel González Rodríguez, de A Coruña.

Recoñeceuse ademais á mellora “Parella”, conformada polos exemplares de schnauzer miniatura branco Roko de Santamariñacans e Zeltia de Santamariñacans, os cales xa venceron onte nesta categoría da 101ª Exposición Nacional e pertencen a Francisco José Fernández Saez e Blanca Díaz Treviño, de Pontevedra.

En canto ao mellor “Grupo de Cría”, estivo conformado polos cinco bouvier de berna, Devael Be Water My Friend, Devael Itz Killefitz, Devael no Pay no Way, Devael Diss’n’dat e Devael Flab Slab, de Nuria Pujol e Norbert Strahl, de Palencia.

Nestas 102ª Exposición Nacional Canina e 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA participaron más de 300 cans que foron valorados por dez xuíces de España e Portugal, os cales tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Na súa entrega de premios, que tivo lugar esta tarde, participou o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán. Este entregou os galardóns en varias das categorías, ao igual que xa fixera onte na 101ª Exposición Nacional.

O recinto, referente para a beleza canina

Estas dúas competicións de hoxe, sumadas 101ª Exposición Nacional Canina celebrada onte no recinto, reuniron a 700 cans españois e portugueses de cerca de 150 razas.

Unha tripla cita organizada pola Sociedade Canina Galega que consolida á Feira Internacional de Galicia ABANCA como espazo de referencia para a beleza canina, tanto por representar as Exposicións a categoría máis alta dentro deste tipo de competicións como por ser a súa sede por terceira vez con gran éxito.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas