HomePontevedraPoioO Teatro segue a ser protagonista da Axenda Cultural de Outono con...

O Teatro segue a ser protagonista da Axenda Cultural de Outono con “O

- Anuncio -spot_img

O TEATRO SEGUE A SER PROTAGONISTA DA
AXENDA CULTURAL DE OUTONO CON ‘O MEL
NON CADUCA’, DE IBUPROFENO TEATRO
• A cita terá lugar este venres, ás 21.00 horas, con entrada gratuíta no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, a onde chega en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a través do programa Tornar ás Táboas

A Axenda Cultural de Outono, impulsada polo Concello de Poio a través da Concellería de Cultura, vivirá este venres un novo capítulo no Centro Cultural Xaime Illa, na parroquia de Raxó. Ás 21.00 horas terá lugar a actuación da compañía Ibuprofeno Teatro, unha das máis premiadas e con maior prestixio de Galicia, que ofrecerá ao público a obra ‘O mel non caduca’. Esta actuación lévase a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a través do programa Tornar ás Táboas. Ao igual que as citas anteriores, a entrada será gratuíta.

Esta será a terceira sesión do ciclo de teatro que se inclúe na Axenda Cultural de Outono, logo de que ao longo do pasado mes de outubro xa pasasen polo escenario do Xaime Illa a compañía local Lúa Chea e Os Quinquilláns. Tal e como lembra a responsable do departamento municipal, Raquel Rodríguez (BNG), aínda haberá unha última sesión de teatro a principios de decembro, concretamente o domingo 4, ás 19.00 horas, a cargo Grupo Suavila, que representará a obra Os noivos para Carlota.

Estas citas teatrais combinaranse coas últimas proxeccións correspondentes ao Ciclo Mestre Mateo, impulsado tamén pola máxima institución provincial e ao que está adherido o Concello de Poio. Así, o venres 18 de novembro, ás 21.00 horas, proxectarase ‘Tres’, e o sábado 3 de decembro, tamén ás 21.00 horas, pecharase o programa con ‘Jacinto’.

Publicacións Relacionadas