Portas converterase nunha das paradas que o virtuoso da música fará dentro da súa xira internaciona
O trompetista de fama internacional Rubén Simeó protagonizará este sábado 9 de agosto, ás 21 horas, un concerto coa Banda de Música Unión de Lantaño no Auditorio da Azucreira de Portas. Esta actuación forma parte da súa xira internacional que o leva a tocar coas principais agrupacións bandísticas do mundo e conta coa especial colaboración do Concello de Portas, reafirmando o seu compromiso co apoio á cultura e á música.
Así, Portas converterase no epicentro musical da comarca coa actuación do recoñecido trompetista internacional Rubén Simeó, acompañado pola Banda Unión de Lantaño-Concello de Portas, baixo a dirección musical de Adrián Real López.
Este concerto, enmarcado dentro da xira internacional “Rubén Simeó Tour 25”, forma parte dun proxecto único e exclusivo de colaboracións coas bandas de música. Simeó, considerado un dos trompetistas máis virtuosos da súa xeración e galardoado co Premio Europeo da Cultura 2008 en Stuttgart (Alemaña), foi o trompetista máis taquilleiro do ano 2024 e encheu máis de 60 teatros en todo o mundo.
O repertorio incluirá grandes clásicos como “My Way”, “Can’t Help Falling in Love” e “Ballade for Adeline”. A entrada terá un prezo único de 10 euros, e poderá adquirirse o mesmo día do concerto no Auditorio Azucreira e de xeito anticipado en Casa Marisa (Lantaño); Comercial Seymos (Portas); Restaurante O Recuncho do Chiado (Portas); a Escola de Música de Portas; Café Bar Rincón (Romai); Emb. Xardín Galicia (Briallos) e Café Albergue de Peregrinos (Briallos).