Home Vigo Baiona O turismo natural, a gran aposta do Concello de Baiona para a...

O turismo natural, a gran aposta do Concello de Baiona para a época post- COVID

- Anuncio -

A natureza e o ecoturismo son as bazas coas que Baiona aposta para reflotar o turismo na época post- COVID. A incidencia da pandemia e o cambio de hábitos e destinos turísticos fan que o turismo natural cobre especial relevancia nun ano en que o turismo inicia a súa recuperación e Baiona quere subirse a este tren.

Roteiros a pé polas distintas paraxes naturais da localidade conforman a oferta para o turismo, situando a Baiona no mapa deste tipo de turismo tan en auxe nos últimos anos.

A Concellería de Turismo de Baiona tenta reactivar o sector turístico a través do ecoturismo coa posta en marcha de catro roteiros que veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.

Un turismo que, como apunta o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, ten o seu espazo propio na provincia desde hai anos, aínda que cobra especial relevancia nun ano en que os usuarios volven as súas miradas ao mundo rural e as paraxes naturais.

Distintos roteiros que apostan por un turismo sostible e respectuoso co Medio Ambiente.

A proposta de “Baiona Natural”: “é un aliciente máis para que os turistas que elixan o noso municipio, pernoiten e alonguen a súa estancia en Baiona. Falamos dun servizo complementario que se engade á oferta turística coa que xa contamos e que contribúe a ampliar as experiencias que propoñemos ao turista”sinalou o rexedor.

O alcalde, subliña que “o obxectivo que queremos alcanzar con estes roteiros é poñer en valor os espazos naturais máis próximos e inmediatos cos que contamos os baioneses e baonesas e afianzar ao mesmo tempo percorridos de gran interese turístico. Esta é unha clara aposta polo turismo activo e a conectividade do núcleo co seu territorio, ademais dun novo atractivo para o turista potencial, que dispoñerá de novos alternativas no destino do noso municipio”.

Catro roteiros os montes da localidade para poñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica. Un itinerario de camiños que permitirá os baioneses e visitantes poidan gozar dunha incrible variedade de lugares para practicar sendeirismo, pasear etc á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila.

Os roteiros deseñados pola empresa Baiventura, empresa local, realizaranse durante 4 domingos seguidos, comezando o vindeiro domingo 17 de outubro e finalizando o 7 de novembro.

“A idea é difundir estes roteiros de sendeirismo, para poñer en valor o patrimonio natural do municipio. Foron deseñadas, creadas, marcadas e van ser guiadas, gratuítas nesta ocasión, por esta empresa especializada. O compromiso que se lles pedimos é que se poidan consolidar e síganas realizando eles directamente, ampliando deste xeito o catálogo do destino Baiona e da marca “Baiona engánchache “ detalla o rexedor.

“Catro roteiros que transcorren por todas as parroquias do noso municipio (Baíña, Baredo, Santa Cristina de de a Ramallosa e Belesar) co obxectivo de poñer en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias. Uns espazos que debemos mostrar orgullosos ao mundo e presumir da súa beleza, sempre facendo un uso responsable destes magníficos espazos naturais”, finaliza Gómez Prado.

Os roteiros levarán a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias e cumprindo coa normativa vixente.

O número de asistentes será reducido polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67).

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas