Celebrarase no auditorio ao aire libre da Foz do Miñor e tocarán a partir das 20:00 horas 42 graos Norte, Os do Barro, Pacheco Bros e Blue Monk Mauri foi diagnosticado o 22 de xaneiro da enfermidade de Alexander, tras unha convulsión en novembro na escola infantil. É unha enfermidade ultrarrara, só padécena 1/1mill de habitantes, que consiste nunha mutación xenética neurodegenerativa que afecta o cerebro e produce unha deterioración progresiva ata a morte. Non existe cura nin tratamento, só medicación para os síntomas que vaian aparecendo. Con todo, a día de hoxe hai varias vías de investigación en España, unha delas moi prometedora, que conseguiría bloquear a enfermidade para que non avance, pero cun custo dun millón de euros que nos gustaría axudar a recadar. Por todo isto, o vindeiro mércores 23 de xullo, no Esteiro dá Foz, a partir das 20:00 h., imos facer ruído, MOITO RUÍDO. Ruído pola vida e ruído por Mauri.
A vida é unha festa, e somos moitos os que queremos unir as nosas forzas para apoiar ao VibraNigrán, ruído por Mauri. Será un festival de música e boa vibra no que imos dar visibilidade á súa realidade, a da súa familia, e a de moitas máis que necesitan ser escoitadas, e atendidas. 42 graos Norte, Os do Barro, Pacheco Bros e Blue Monk serán os encargados de facernos cantar e bailar cos seus temazos. O concello de Nigrán ofrece o seu apoio incondicional para todos os temas loxísticos. O deseño gráfico do Festival foi realizado por Olalla Fernández de *ÑÓ! Espazo Creativo. Por suposto, nunha boa festa non pode faltar nin a comida nin a bebida, así que Lalo´s, Chac Mool e Cervexas Banda estarán ao pé do canón. E ademais, moitas outras persoas que tamén, de forma totalmente desinteresada, achegan o seu pequeno gran de area para que isto pase.
Por iso pedímosvos que nos acompañedes nesta aventura. Unha vez máis, a gran familia do Valle únese polo que de verdade importa… Ruído por Mauri!!!! Esperámosvos a todas e todos no VibraNigrán o próximo 23 de xullo. Non faltedes!!! @unacuraparamauri E se non podedes asistir, tamén podedes colaborar coa FILA CERO: ES26 2100 4790 4502 0046 2462 CONCEPTO: FILA CERO vibranigran

