O IES e o Concello de Salvaterra de Miño organizaron un Obradoiro de Creación Audiovisual con motivo do 8 de marzo no cal o alumnado de Bacharelato preparou un vídeo conmemorativo do Día da Muller. O vídeo descrubrirase durante o acto que terá lugar este venres 28 de marzo no Salón de Plenos do Concello ás 19:00 horas e a entrada será libre.
O IES de Salvaterra que contou co apoio do Concello desenvolveu durante o mes de febreiro un obradoiro audiovisual cun total de 13 alumnas e 1 alumnos xunto á exalumna do centro Silvia Mella (fotoxornalista e rapeira). O vídeo é o resultado dunha proposta didáctica que ten como principal obxectivo axudar ás alumnas/os a entender e difundir a orixe e a evolución do Día Internacional da Muller fomentando o debate e a reflexión sobre as desigualdades de xénero.
O formato é semellante ao dun spot publicitario, curto e coa mensaxe moi clara. Ademais de ser un proxecto escolar tamén é un traballo compartido co Concello de Salvaterra de Miño para acadar un público máis amplo e así xerar conciencia sobre a importancia do 8 de marzo.
Ademais no mesmo acto terá lugar a presentación do Coro do IES Salvaterra de Miño que interpretará varios temas.